Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Papagaio

Servizos de apoio ao emprendemento

Asesoramentos, formación, mentorización, organización de actividades networking, coworking... e eventos relacionados co emprendemento preferentemente de carácter tecnolóxico e de innovación. O servizo de asesoramento é un servizo básico que se prestará de forma xeral a todas as persoas emprendedoras.

Servizos xerais

- Cesión de espazos de traballo

- Conserxería

- Reprografía (serán por conta de quen os utilice )

- Medios audiovisuais

- Acceso a wifi e internet

- Servizos de teléfono (serán por conta de quen os utilice)

- Secretaría e Administración

- Salas de xuntas de dous tamaños

- Salóns e salas para descansos, charlas e presentacións

- Salas de intercambio de experiencias

- Climatización

Autoservizo de cafetería

Nos espazos comúns atoparás máquinas expendedoras de bebidas, café e aperitivos para os momentos de descanso.

Formación

Cursos de formación para emprender vixentes

  • 2018 Obradoiro de Mentorización

    Cando:

    Dende o 01/09/2018 ata o 30/11/2018

    O programa desenvolverase nos meses de setembro, outubro e novembro de 2018, durante os cales terán lugar as sesións individuais cos mentores e mentoras asignados (aproximadamente dúas sesións mensuais de 2 horas).

    Inscricións:

    Dende o 23/07/2018 ata o 17/08/2018

    Para facer a vosa solicitude debedes cubrir o formulario anexo que deberedes enviar, xunto con voso CV ao enderezo concejalia.empresa@coruna.es

    Para calquera dúbida podes contactar a través do correo indicado ou chamando ao 981184399.

    Enderezo:

    Rúa Hospital 19, bajo. 15001 A Coruña

    Este programa ten como obxectivo facilitar a consolidación de iniciativas empresariais de recente creación, e pon á vosa disposición un equipo de mentores e mentoras expertos nas áreas transversais comercial, financias e xestión.

  • 2018-2 Taller de elaboración de estudos de mercado

    Cando:

    Dende o 01/10/2018 ata o 03/10/2018

    Inscricións:

    Dende o 10/08/2018 ata o 27/09/2018

    Horario:

    Luns e martes de 10:00 a 13:30 h e xoves de 10:00 a 13:00 h

    Enderezo:

    Rúa Hospital 19, bajo. 15001 A Coruña

    Este taller ten por obxectivo coñecer e aplicar diversas fontes de procura de datos relacionados co estudo de mercado, coñecer as características básicas e as súas variables para unha adecuada análise, manexar ferramentas que permitan facer predicións adecuadas e proxeccións e recoñecer a importancia do estudo como punto de partida para un proxecto de viabilidade contrastada.

  • 2018-2 Taller de financiamento

    Cando:

    Dende o 08/10/2018 ata o 09/10/2018

    Inscricións:

    Dende o 10/08/2018 ata o 04/10/2018

    Horario:

    Luns e martes de 9:30 a 13:30 h

    Enderezo:

    Rúa Hospital 19, bajo. 15001 A Coruña

    Este taller ten por obxectivo coñecer as diferentes fórmulas existentes no mercado para financiar un proxecto da maneira máis rendible, coñecer os procedementos que regulan a solicitude dos diferentes modos de financiamento e saber os procedementos e aspectos máis importantes da negociación bancaria.

  • 2018 Taller de habilidades comunicativas

    Cando:

    Dende o 12/11/2018 ata o 23/11/2018

    O taller impártese do 12 ao 23 de novembro, de 10:00 a 13:00 de luns a venres.

    Inscricións:

    Dende o 10/09/2018 ata o 08/11/2018

    Horario:

    L a V de 10:00 a 13:00 h

    Enderezo:

    Rúa Hospital 19, bajo. 15001 A Coruña

    Este taller ten por obxectivo coñecer os elementos básicos implicados na comunicación, as barreiras que podemos atopar, así como as técnicas existentes para mellorala, aprender a comunicarse de maneira fluída, clara, segura e expresiva, saber eliminar as tensións para poder expresarnos de maneira fluída, coñecer cales son os elementos clave para xerar impacto e influencia e adestrar as técnicas máis avanzadas da oratoria para conseguir que cada presentación sexa unha oportunidade estratéxica para transmitir, motivar e convencer, logrando o compromiso e satisfacción da audiencia, etc.

  • 2018-3 Taller de Plan de empresa en liña

    Cando:

    Dende o 08/10/2018 ata o 27/10/2018

    Inscricións:

    Dende o 10/08/2018 ata o 01/10/2018

    O taller ten como obxectivo recoñecer a importancia de elaborar un plan de empresa para desenvolver a idea de negocio como ferramenta de éxito para o emprendedor, coñecer e aplicar as cuestións técnicas fundamentais para un adecuado plan de empresa tendo en conta cuestións financeiras, comerciais, operativas, necesidades de soporte e estrutura etc., coñecer as posibilidades para un mellor desenvolvemento da idea de negocio e toma de decisións anticipadas para garantir o éxito, manexar ferramentas que axuden a estruturar as decisións estratéxicas tácticas e operativas, recoñecer a importancia do plan de negocio para a procura de financiamento.

  • 2018-3 Taller de Presentación de proxectos

    Cando:

    Dende o 24/09/2018 ata o 26/09/2018

    Inscricións:

    Dende o 10/08/2018 ata o 19/09/2018

    Horario:

    Luns e martes de 10:00-13:30 h /

    xoves de 10:00-13:00 h

    Enderezo:

    Rúa Hospital 19, bajo. 15001 A Coruña

    O taller ten por obxecto coñecer os aspectos máis importantes sobre habilidades comunicativas, saber como ter seguridade ao presentar un proxecto, saber como facer chegar as ideas, aprender a manter a atención e interese do público con ou sen soportes, saber reaccionar durante os intercambios coa improvisación, coñecer os puntos clave da oratoria e saber como presentar un proxecto de maneira convincente e eficaz.

  • 2018-2 Taller de fiscalidade

    Cando:

    10/10/2018

    Este taller, previsto para o 12 de setembro, foi aprazado. En breve informaremos sobre as novas datas de realización.

    Inscricións:

    Dende o 10/08/2018 ata o 05/10/2018

    Horario:

    Mércores de 9:30 a 13:30 h

    Enderezo:

    Rúa Hospital 19, bajo. 15001 A Coruña

    Este taller ten por obxectivo coñecer as diferentes formas de fiscalidade actual, coñecer as vantaxes e os inconvenientes de cada un dos conceptos fiscais, entender cal é a estrutura do sistema tributario español e os impostos derivados do emprendemento e a actividade empresarial.

Resultados: 7

  • 1 Páxinas
  • 1

Cursos de formación para emprender histórico

  • Taller de financiación

    Cando:

    14/03/2016

    Inscricións:

    Dende o 15/02/2016 ata o 13/03/2016

    Horario:

    De 10:00 a 14:00 horas

    Se facilita a las personas emprendedoras las fórmulas existentes en el mercado para financiar su proyecto de la forma más rentable (entidades financieras, subvenciones, convenios, business angel, ...), así como los procedimientos que regulan su solicitud

  • 2018-2 Taller de Márketing e técnicas de venda

    Cando:

    Dende o 17/09/2018 ata o 20/09/2018

    Inscricións:

    Dende o 10/08/2018 ata o 12/09/2018

    Horario:

    Luns a xoves de 9:30 a 13:30 h

    Enderezo:

    Rúa Hospital 19, bajo. 15001 A Coruña

    Este taller ten por obxectivo aprender os conceptos máis importantes do márketing, merchandasing e comercio en rede, coñecer as ferramentas innovadoras no campo do márketing e o mundo da venda, coñecer as distintas ferramentas de venda e postvenda de produtos, aprender conceptos clave relacionados coa innovación e a creatividade aplicados á experiencia de compra do cliente e analizar a importancia das novas ferramentas de conexión e comunicación coa clientela e resto de “stakeholders” nos ámbitos do “socialmedia”.

Resultados: 51

Contacto

Teléfono: 981 184 399

Fax: 981 184 398

Correo electrónico: concejalia.empresa@coruna.es

Máis información: https://www.facebook.com/emprendementocoruna

Localización

Centro Municipal de Empresas (Accede Papagaio). Rúa Hospital nº19 bajo, 15001, A Coruña.

Preguntas frecuentes

Que é un espazo de coworking?

O coworking é unha forma de traballo que permite a profesionais independentes, emprendedores e pemes de diferentes sectores, compartir un mesmo espazo de traballo, tanto físico como virtual, para desenvolver os seus proxectos profesionais de maneira independente, á vez que fomentan proxectos conxuntos.

Que tipo de empresas poden optar a este espazo?

  • Persoas emprendedoras, aquelas que estean a traballar nunha idea/proxecto e vaian crear unha empresa relacionada, preferentemente, co ámbito da investigación, a tecnoloxía, e/ou a innovación.
  • Novas empresas, aquelas persoas físicas ou xurídicas que teñan como máximo dous anos desde a data da súa alta censual e que, comezando a súa actividade empresarial, precisen dun apoio especial para mellorar as súas expectativas de supervivencia, priorizando a súa pertenza a sectores relacionados coa tecnoloxía, investigación e innovación.
  • Usuarios puntuais: aquelas persoas físicas ou xurídicas que, con carácter esporádico e puntual, soliciten a utilización das instalacións e/ou servizos do centro.

Que servizos inclúe?

  • Espazos de traballo compostos dunha mesa ampla de traballo, unha caixoneira e un despacho de billetes.
  • Acceso gratuíto a internet.
  • Servizos de apoio ao emprendemento e á empresa, entre os que destaca asesoramento, actividades formativas e de mentorización, organización de actividades e eventos relacionados coa creación de novas empresas, a innovación e as tics.
  • Espazos comúns: salas de reunións, cómodos espazos de descanso, e unha zona versátil onde se pode levar a cabo a presentación dun produto, encontros, reunións ou exposicións ou calquera outra actividade .
  • Servizos comúns tales como conserxería, administración, medios audiovisuais, reprografía e máquinas expendedoras.

 

Como podo acceder?

Con certificado dixital:

Presentar a instancia xeral do Concello xunto coa solicitude de espazos Accede Papagaio e a documentación que corresponda a través da sede electrónica do Concello.

Sen certificado dixital:

Presentar a instancia xeral nunha oficina de Rexistro do Concello da Coruña xunto coa solicitude de espazos en Accede Papagaio e a documentación que corresponda.

Cales son as tarifas?

Utilización e aproveitamento de 66 postos nos espazos compartidos do centro, polas persoas ou empresas que resulten adxudicatarias conforme ás normas e procedementos establecidos na normativa reguladora do centro. O importe mensual será o seguinte:

Cadro de tarifas:

PREINCUBADORA DE PROXECTOS EMPRESARIAIS, o custo/mes:

Seis primeiros meses

Gratuíto

Do sétimo ao duodécimo mes, inclusive, as tarifas serán as que seguen:

Localización en 1 módulo de 1 promotor/a para un mesmo proxecto

60,00 €

Localización en 2 módulos de 2 promotores/as para un mesmo proxecto

70,00 €

Localización en 3 módulos de 3 promotores/as dun mesmo proxecto

80,00 €

Localización en 4 módulos de 4 promotores/as dun mesmo proxecto

90,00 €

Localización en 5 módulos de 5 promotores/as dun mesmo proxecto

100,00 €

INCUBADORA DE EMPRESAS, o custo/mes:

Localización en 1 módulo de 1 promotor/a para un mesmo proxecto

108,00 €

Localización en 2 módulos de 2 promotores/as para un mesmo proxecto

128,00 €

Localización en 3 módulos de 3 promotores/as para un mesmo proxecto

138,00 €

Localización en 4 módulos de 4 promotores/as para un mesmo proxecto

148.00 €

Localización en 5 módulos de 5 promotores/as para un mesmo proxecto

158.00 €

Para o caso de usos puntuais das salas de reunións, salón de actos (sala conecta), espazos de formación, e postos compartidos por persoa ou entidade distinta ás enumeradas no apartado anterior, as tarifas virán determinadas en función do tempo de utilización da seguinte maneira:

OCUPACIÓNS PUNTUAIS

Xornada completa

Media xornada

Por horas

Salas reunión tipo A (grande), custo/día

60,00 €

30,00 €

10,00 €

Salas reunión tipo B (pequena), custo/ día

50,00 €

22,00 €

8,00 €

Salón de actos (sala conecta), custo/día

120,00 €

60,00 €

15,00 €

Espazos de formación (mesa onda e sala de formación), custo/día

100,00 €

50,00 €

12,00 €

Custo dun módulo mes

150 €

-------

--------

Custo dun módulo semana

60 €

-------

------

Custo dun módulo día

35 €

20 €

----

Custo dun módulo hora

------

------

10 €

Cal é o horario?

O horario de acceso ás persoas usuarias do ACCEDE Papagaio será de 8.00 horas a 22.00 horas ininterrompido de luns a venres, e sábados de 8.00 a 15.00 horas, excepto festivos.

O horario de administración será de 8.00 horas a 15.00 horas.

O horario de conserxería será de 14.00 horas a 22.00 horas.

  • Concello da Coruña
  • Logotipo FEDER
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?