Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Papagaio

    Accede Papagaio persegue promover de forma significativa o espírito empresarial na cidade. Como espazo aberto e diáfano pretende potenciar o traballo colaborativo, a transferencia de coñecemento e tecnoloxía, promovendo modelos avanzados de incubación e aceleración empresarial, sen esquecer as fases de pre-incubación necesarias para poder poñer en marcha aqueles proxectos empresariais que requiren madurar antes de lanzar a súa oferta ao mercado.

    Os espazos Coworking configúranse, desta maneira, como unha das alternativas máis adecuadas para compartir espazos de traballo entre empresas startups e freelancers. Deste xeito benefícianse compartindo e abaratando os custos dun espazo fixo e/ou logrando mellores prezos na compra de compoñentes e servizos, mantendo un constante e enriquecedor intercambio entre traballadores e empresas de distintas áreas e sectores.

    Últimas novas

    Novidades

    A procura non produciu resultados.

    Novas

    Protocolo de información

    Descarga:

    Protocolo de información en Centro de Empresas ACCEDE Papagaio +info

    Protocolo de acollida

    Descarga:

    Protocolo de acollida en Centro de Empresas ACCEDE Papagaio +info

    Bases da convocatoria

    Descarga:

    As bases polas que se rexe o proceso de admisión no Centro de Empresas ACCEDE Papagaio +info

    Solicitude de espazos

    Descarga:

    Impreso de solicitude +info

    Anexo I, Plan de empresa +info

    Ampliación anexo I, Plan de empresa detallado +info

    Anexo II, criterios de valoración +info

    Simulador económico financeiro +info

    Está pasando

    Canal facebook Emprendemento Coruña:

    Contacto

    Teléfono: 981 184 399

    Fax: 981 184 398

    Correo electrónico: empresa@coruna.es

    Máis información: https://www.facebook.com/emprendementocoruna

    Localización

    Centro Municipal de Empresas (Accede Papagaio). Rúa Hospital nº19 bajo, 15001, A Coruña.

    Preguntas frecuentes

    Que é un espazo de coworking?

    O coworking é unha forma de traballo que permite a profesionais independentes, emprendedores e pemes de diferentes sectores, compartir un mesmo espazo de traballo, tanto físico como virtual, para desenvolver os seus proxectos profesionais de maneira independente, á vez que fomentan proxectos conxuntos.

    Que tipo de empresas poden optar a este espazo?

    • Persoas emprendedoras, aquelas que estean a traballar nunha idea/proxecto e vaian crear unha empresa relacionada, preferentemente, co ámbito da investigación, a tecnoloxía, e/ou a innovación.
    • Novas empresas, aquelas persoas físicas ou xurídicas que teñan como máximo dous anos desde a data da súa alta censual e que, comezando a súa actividade empresarial, precisen dun apoio especial para mellorar as súas expectativas de supervivencia, priorizando a súa pertenza a sectores relacionados coa tecnoloxía, investigación e innovación.
    • Usuarios puntuais: aquelas persoas físicas ou xurídicas que, con carácter esporádico e puntual, soliciten a utilización das instalacións e/ou servizos do centro.

    Que servizos inclúe?

    • Espazos de traballo compostos dunha mesa ampla de traballo, unha caixoneira e un despacho de billetes.
    • Acceso gratuíto a internet.
    • Servizos de apoio ao emprendemento e á empresa, entre os que destaca asesoramento, actividades formativas e de mentorización, organización de actividades e eventos relacionados coa creación de novas empresas, a innovación e as tics.
    • Espazos comúns: salas de reunións, cómodos espazos de descanso, e unha zona versátil onde se pode levar a cabo a presentación dun produto, encontros, reunións ou exposicións ou calquera outra actividade .
    • Servizos comúns tales como conserxería, administración, medios audiovisuais, reprografía e máquinas expendedoras.

     

    Como podo acceder?

    Con certificado dixital:

    Presentar a instancia xeral do Concello xunto coa solicitude de espazos Accede Papagaio e a documentación que corresponda a través da sede electrónica do Concello.

    Sen certificado dixital:

    Presentar a instancia xeral nunha oficina de Rexistro do Concello da Coruña xunto coa solicitude de espazos en Accede Papagaio e a documentación que corresponda.

    Cales son as tarifas?

    Utilización e aproveitamento de 66 postos nos espazos compartidos do centro, polas persoas ou empresas que resulten adxudicatarias conforme ás normas e procedementos establecidos na normativa reguladora do centro. O importe mensual será o seguinte:

    Cadro de tarifas:

    PREINCUBADORA DE PROXECTOS EMPRESARIAIS, o custo/mes:

    Seis primeiros meses

    Gratuíto

    Do sétimo ao duodécimo mes, inclusive, as tarifas serán as que seguen:

    Localización en 1 módulo de 1 promotor/a para un mesmo proxecto

    60,00 €

    Localización en 2 módulos de 2 promotores/as para un mesmo proxecto

    70,00 €

    Localización en 3 módulos de 3 promotores/as dun mesmo proxecto

    80,00 €

    Localización en 4 módulos de 4 promotores/as dun mesmo proxecto

    90,00 €

    Localización en 5 módulos de 5 promotores/as dun mesmo proxecto

    100,00 €

    INCUBADORA DE EMPRESAS, o custo/mes:

    Localización en 1 módulo de 1 promotor/a para un mesmo proxecto

    108,00 €

    Localización en 2 módulos de 2 promotores/as para un mesmo proxecto

    128,00 €

    Localización en 3 módulos de 3 promotores/as para un mesmo proxecto

    138,00 €

    Localización en 4 módulos de 4 promotores/as para un mesmo proxecto

    148.00 €

    Localización en 5 módulos de 5 promotores/as para un mesmo proxecto

    158.00 €

    Para o caso de usos puntuais das salas de reunións, salón de actos (sala conecta), espazos de formación, e postos compartidos por persoa ou entidade distinta ás enumeradas no apartado anterior, as tarifas virán determinadas en función do tempo de utilización da seguinte maneira:

    OCUPACIÓNS PUNTUAIS

    Xornada completa

    Media xornada

    Por horas

    Salas reunión tipo A (grande), custo/día

    60,00 €

    30,00 €

    10,00 €

    Salas reunión tipo B (pequena), custo/ día

    50,00 €

    22,00 €

    8,00 €

    Salón de actos (sala conecta), custo/día

    120,00 €

    60,00 €

    15,00 €

    Espazos de formación (mesa onda e sala de formación), custo/día

    100,00 €

    50,00 €

    12,00 €

    Custo dun módulo mes

    150 €

    -------

    --------

    Custo dun módulo semana

    60 €

    -------

    ------

    Custo dun módulo día

    35 €

    20 €

    ----

    Custo dun módulo hora

    ------

    ------

    10 €

    Cal é o horario?

    O horario de acceso ás persoas usuarias do ACCEDE Papagaio será de 8.00 horas a 22.00 horas ininterrompido de luns a venres, e sábados de 8.00 a 15.00 horas, excepto festivos.

    O horario de administración será de 8.00 horas a 15.00 horas.

    O horario de conserxería será de 14.00 horas a 22.00 horas.

    • Concello da Coruña
    • Logotipo FEDER
      • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
      • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
      • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

    ?