Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Coruña Sostible

    28.03.2015:Hora do Planeta 2015 A Coruña

    Novidades

      O sistema de xestión de enerxía implantado en 45 edificios municipais permitiu un aforro enerxético do 9,75% nos dous últimos anos
      Data: 18 de marzo de 2015
      A medida supuxo reducir a factura enerxética en 118.198 euros
      Medio Ambiente consegue certificar a xestión enerxética nos edificios municipais coa ISO 50001
      Data: 1 de marzo de 2014
      ISO 50001
      O Concello da Coruña recibe a certificación UNE EN ISO 50001:2011 polo sistema de xestión da enerxía implantado ao longo dos anos 2012 e 2013 en 45 edificios municipais, conseguindo así un referendo ao bo labor desenvolto por preto de 70 traballadores municipais implicados na correcta utilización dos recursos enerxéticos, cun alcance nunca visto dentro da administración local a escala nacional.
      4º Encontro da Rede de Enerxía Sostible: Impulso da Economía Verde
      Data: 22 de setembro de 2013
      Foto do 4º Encontro da Rede de Enerxía Sostible
      Tras as boas sensacións do 4º Encontro da Rede de Enerxía Sostible realizado na Domus, a Oficina Contra o Cambio Climático da Coruña prepara novas actividades para o que resta de ano.
      Transporte marítimo: un primeiro paso cara á redución das emisións
      Data: 18 de setembro de 2013
      A Comisión Europea presentou recentemente as súas primeiras medidas para reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI) procedentes do sector do transporte marítimo. Para iso propón unha normativa que obriga os propietarios dos grandes buques que utilizan os portos da UE a supervisar e notificar as emisións anuais de dióxido de carbono (CO2) dos seus buques. A Comisión tamén publicou unha Comunicación na que expón a súa estratexia para facer fronte a este tipo de emisións e reducilas, preferentemente a través de medidas de dimensión mundial.
      Cal é a nova situación normal do ártico?
      Data: 18 de setembro de 2013
      O National Snow & Ice Data Center (NSIDC) cambiou recentemente a liña base sobre a que se analiza a extensión do xeo ártico. Anteriormente, traballábase sobre unha liña base con datos de 1979 a 2000, un período de 20 anos. A nova liña de base execútase dende 1981 ata 2010, que abarca 30 anos. Por que facemos un cambio?
      Agricultura climaticamente intelixente
      Data: 18 de setembro de 2013
      De aquí ao ano 2050, a poboación mundial crecerá un terzo. A FAO estima que, se persisten as tendencias actuais de crecemento de ingresos e consumo, a produción agrícola terá que aumentar un 60% para 2050 co fin de satisfacer a demanda esperada de alimentos e forraxes. Polo tanto, a agricultura debe transformarse para alimentar a crecente poboación mundial e sentar as bases para o crecemento económico e a redución da pobreza. O cambio climático fará máis difícil esta tarefa.

    Máis novidades

    Rede de Enerxía Sostible

    Acceso a membros da rede

    Subscrición ao boletín co2ruña

    A subscrición a este boletín realizarase no idioma de navegación actual da páxina web: Galego

    Aviso legal

    De conformidade co establecido no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, infórmase de que os datos de carácter persoal declarados polo interesado pasarán a formar parte dun ficheiro automatizado, cuxo responsable de tratamento será o Concello da Coruña, e cuxas finalidades e usos previstos serán os seguintes: Xestión de datos de identificación e contacto de cidadáns que solicitan algún tipo de información ou documentación ao Concello a través do portal web municipal. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición aos datos persoais rexistrados nestes ficheiros poderanse exercer ante o Rexistro Xeral do Concello da Coruña (Pza. María Pita, número 1), nos termos establecidos nos artigos 15, 16 e 17 da citada Lei orgánica 15/1999.

    • Logotipo do Concello da Coruña
      • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
      • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
      • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

    ?