Concello da Coruña

Concello da Coruña

Compañía de Tranvías da Coruña

Enderezo:

Estrada de los Fuertes 4. 15011 A Coruña

Teléfono:

981 250 100

Fax:

981 253 015

Páxina web:

http://www.tranviascoruna.com

Horario:

Luns a domingo de 06.00 h a 00.00 h

TITULARIDADE: Concello da Coruña

EMPRESA CONCESIONARIA: Tranvías da Coruña

TRAZADO DAS LIÑAS

  • O concello establecerá as características deste transporte e fixará o número de liñas, itinerarios, frecuencias, número de vehículos e paradas.
  • Todas as modificacións referentes ás características deste transporte deberán ser aprobadas polos órganos municipais competentes.

Consulta de itinerarios

TARIFAS

  • Billete bus: 1,30 €
  • Tarxeta Millennium Xeral: 0,85 €
  • Tarxeta Millennium Universitaria: 0,30 €
  • Tarxeta Millennium Social (pensionistas, persoas desempregadas, escolar e persoas con discapacidade): 0,33 €

SERVIZO DE INFORMACIÓN A TRAVÉS DO TELÉFONO MÓBIL

Este servizo ofrece a posibilidade de consultar información sobre a parada, información sobre a parada e a liña e información sobre a parada, liña e vehículos adaptados.

O custo da mensaxe é de 18 céntimos (IVE incluído).

Información sobre a parada:

A persoa usuaria deberá enviar desde o móbil unha mensaxe ao número 215000 co texto PARADA e o número da parada (por exemplo PARADA 5) e de forma inmediata recibirá un sms no que se lle detallará a listaxe de autobuses que chegan a esa parada e o tempo estimado de espera de cada un deles, ademais, indicaranse cun A os autobuses adaptados para persoas con discapacidade.

Información sobre a parada e a liña:

A persoa usuaria deberá enviar unha mensaxe ao número 215000 co texto PARADA, o número da parada e o da liña de autobús (por exemplo PARADA 5 7), inmediatamente recibirá un sms no que se lle informará do que tardará en chegar ese autobús á parada indicada.

Información sobre a parada, a liña e os autobuses adaptados:

A persoa usuaria deberá enviar desde o móbil unha mensaxe ao número 215000 co texto PARADA, o número da parada, o da liña de autobus e a letra A (por exemplo PARADA 5 7 A), de forma inmediata recibirá un sms no que se lle informará do tempo estimado de chegada á parada, do autobús adaptado para persoas con discapacidade da liña indicada.

SERVIZO DE INFORMACIÓN A TRAVES DA APLICACIÓN WEB ITRANVÍAS

Este servizo permite consultar a través do navegador de calquera teléfono móbil información sobre as liñas de autobús con respecto a unha parada.

Para realizar esta consulta é necesario acceder á páxina web: http://www.itranvias.com

REDE URBANA EFICIENTE - SISTEMA DE PRIORIDADE BUS

O sistema de prioridade de bus, incluído dentro da Rede Urbana Eficiente, implantouse nalgúns semáforos e permite regular a frecuencia de cambio dos discos para facilitar a circulación dos autobuses atrasados. Este sistema actívase automaticamente, aínda que tamén se pode controlar manualmente desde a sala de pantallas de control semafórico, grazas a un dispositivo GPS que levan instalados os autobuses e que emite un sinal ás antenas receptoras dos semáforos. Este sistema detecta o paso do bus e modifica a regulación semafórica da intersección para favorecer o seu paso pero só se os autobuses van con atraso.

Este sistema implantouse na Rede Eficiente, tramo comprendido entre a Avenida Fernández Latorre (Catro Camiños) e a praza de Pontevedra (pasando polas rúas Federico Tapia, Rosalía de Castro e Francisco Mariño).

MANUAIS INFORMATIVOS PARA AS PERSOAS USUARIAS

Director xeral: Javier Contreras

NORMATIVA

Ordenanza municipal de Transportes (Título II - Do transporte urbano colectivo de persoas viaxeiras na cidade da Coruña).

Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, publicada no BOE núm. 80 do 3 de abril de 1985.

Regulamento de réxime interno do 1 de decembro de 1986.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión