Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Seguridade cidadá

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Responsabilidade patrimonial por danos

En que consiste?:

A responsabilidade por danos pódese esixir cando se produzan accidentes como consecuencia do anormal funcionamento dun servizo público municipal (fochancas, sinais de tráfico, sumidoiros, beirarrúas, árbores etc.).

A responsabilidade abarca tanto os danos persoais como os materiais.

Para os efectos de poder ter éxito na reclamación é interesante dispoñer de testemuñas, a presenza dun axente de policía e formular unha denuncia nas oficinas da Policía Local.

Onde se fai?:

Oficinas do rexistro xeral municipal:

  • Concello da Coruña. Praza de María Pita, 1 C.P. 15001 A Coruña
  • Fórum Metropolitano. Rúa Río de Monelos, 1 C.P. 15006 A Coruña
  • Centro Sociocultural Ágora Lugar da Gramela, 17 C.P. 15010 A Coruña

Presencial

Que se necesita?:

Documentación:

  • Impreso de solicitude con indicación do lugar, data e hora do sinistro e se existen testemuñas ou presenza policial.
  • Orzamento ou factura dos danos causados.
  • Copia da Comparecencia - Denuncia da Policía Local, no caso de que se formulase.

No caso de que se producisen danos persoais ademais, achegarase:

  • Parte médico relativo aos danos físicos, coa data e a hora en que se produciron.
  • Especificar na solicitude o motivo da solicitude de indemnización, facendo mención, se é o caso, á perda de ingresos ou a unha posible invalidez transitoria ou permanente.

Teléfono

Máis información:

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?