A primeira parte do taller consistirá en crear o noso Apalpador. Mentres decoramos a nosa manualidade para colgar na árbore, contaremos a historia do carboeiro galego. En Galicia existe a tradición do Apalpador ou Pandigueiro. É a figura mitológica dun carboeiro, ligado á tradición do Nadal, do que existen testemuñas nas comarcas de Sarria, O Courel e O Cebreiro, aínda que existe por toda Galicia. O Apalpador baixa a noite do 31 de decembro para visitar as nenas e os nenos, tócalles o ventre para ver se comeron o suficiente durante todo o ano e déixalles unha bolsa chea de castañas, eventualmente algún agasallo e deséxalles que teñan un ano novo cheo de felicidade e de fartura (abundante comer). Na segunda parte do taller crearemos unha tarxeta de Nadal. As shaker card son un formato de tarxeta scrap moi divertida e orixinal, que servirá tanto para adornar a árbore de Nadal, como para enviarlla a un familiar ou persoa querida.
Nenos e nenas de 7 a 11 anos
Para público en xeral
19/12/2019, de 17:30 a 19:00
O horario da actividade será de 17.30 a 19.00 horas
Xa rematou
Dende o 09/12/2019 ata o 17/12/2019
A inscrición realizarase na conserxería do centro e as prazas adxudicaranse por rigorosa orde de chegada.
Prazas limitadas
De 17.30 a 19:00 h
Actividade gratuíta. Prazas limitadas
Para menores de 7 a 11 anos
Realizar a inscrición.
Centro Cívico Monelos
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible