Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Servizos Sociais

  • Inicio
  • Buscador de prestacións

Resultados: 95

  • Accións de participación, divulgación e sensibilización en materia de migracións

    Esta prestación supón incidir en dúas grandes frontes:

    • por unha banda, na mobilización da concienciación cidadá (sociedade de acollida) en relación ás dificultades, necesidades e retos cos que se encontra na actualidade a poboación migrante do termo municipal da Coruña, tanto a nivel de residencia, reagrupación familiar, traballo, participación social e educativa. Todo iso de cara a conseguir a súa plena integración dende un punto de vista bidireccional.
    • doutra banda, na divulgación de información entre a propia poboación migrante, difundindo as actuacións que desenvolve a unidade específica nesta materia (unidade de asesoramento de migracións), os tempos das diferentes tramitacións, a documentación mínima necesaria, etc. Todo iso coa finalidade de favorecer unha planificación óptima das súas respectivas situacións, evitando consecuencias negativas relacionadas coas solicitudes ante as diferentes institucións.
  • Accións e actividades de voluntariado social

    Actividades de voluntariado en centros cívicos municipais e entidades da cidade que traballan o ámbito da intervención social.

  • Accións e actividades formativas e de mellora da empregabilidade para poboación migrante

    Esta prestación contribúe a mellorar a situación de empregabilidade do colectivo migrante, incidindo en aspectos como os seguintes: formación específica, formación transversal para a mellora das habilidades sociais e competencias prelaborais e laborais. Dende o Club de Emprego refórzase e motívase unha procura activa de emprego planificada e constante co obxectivo final da inserción laboral.

  • Accións educativas para a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero

    Promove a adquisición de coñecementos e o desenvolvemento de actitudes e condutas conducentes á igualdade de trato e de oportunidades entre ambos os sexos, así como a concienciación e o desenvolvemento dunha actitude analítica fronte á violencia de xénero.

  • Actividade de apoio escolar

    Actividade de apoio ao estudo e realización de tarefas escolares aos alumnos con dificultades para facelas na súa casa.

  • Actividades de conciliación, corresponsabilidade e sensibilización en materia de igualdade

    Fomentan a distribución equilibrada -entre mulleres e homes- dos tempos dedicados a tarefas da vida persoal, familiar e laboral e mobilizan a concienciación cidadá en aspectos como:

    - a igualdade efectiva entre mulleres e homes,

    - a prevención e detección de violencias de xénero,

    - a abordaxe da situación dos e das menores como vítimas de violencia de xénero.

  • Actividades de fomento da integración sociocultural de persoas inmigrantes

    Ofrecer a menores e adolescentes inmigrantes competencias educativas que favorezan a súa integración social e permanencia no sistema educativo español.

  • Actividades de prevención e sensibilización cidadá en materia de drogodependencia

    Conxunto de actividades informativas e preventivas sobre as adiccións e que se traballan no ámbito familiar, escolar e comunitario.

  • Actividades de reforzo na aprendizaxe escolar por dificultades da linguaxe

    Ten como obxectivo axudar aos/as menores con dificultades cognitivas, de lectura e escritura a superalas a través da realización de actividades vinculadas ao ámbito escolar.

  • Actividades de respiro familiar

    Saídas de fin de semana para persoas con discapacidade maiores de 16 anos.

Resultados: 95

Subscrición ao boletín de actividades

A subscrición a este boletín realizarase no idioma de navegación actual da páxina web: Galego

Aviso legal

De conformidade co establecido no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, infórmase de que os datos de carácter persoal declarados polo interesado pasarán a formar parte dun ficheiro automatizado, cuxo responsable de tratamento será o Concello da Coruña, e cuxas finalidades e usos previstos serán os seguintes: Xestión de datos de identificación e contacto de cidadáns que solicitan algún tipo de información ou documentación ao Concello a través do portal web municipal. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición aos datos persoais rexistrados nestes ficheiros poderanse exercer ante o Rexistro Xeral do Concello da Coruña (Pza. María Pita, número 1), nos termos establecidos nos artigos 15, 16 e 17 da citada Lei orgánica 15/1999.

Novidades

Máis información

  • Concello da Coruña
  • Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.
  • Plan avanza
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 | 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?

Necesitamos a túa axuda

Tes dous minutos para darnos a túa opinión sobre a web municipal e así axudarnos a mellorala? Agradecémoscho

Ir á enquisa

Tes dous minutos para darnos a túa opinión sobre a web municipal e así axudarnos a mellorala? Agradecémoscho

Ir á enquisa