Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Servizos Sociais

CRITERIOS DE PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA DE ACTIVIDADES SOCIOCULTURAIS DE PREVENCIÓN E COOPERACIÓN SOCIAL DOS CENTROS CÍVICOS MUNICIPAIS.

-Preinscrición nas actividades:

1. Terán prioridade as persoas solicitantes que estean empadroadas no municipio da Coruña no momento da presentación da solicitude de preinscrición de cada convocatoria.

2. As persoas participantes nas actividades deberán ter a idade esixida nas condicións de cada actividade. Esta esixencia de idade computarase na data de presentación da solicitude de preinscrición.

3. As solicitudes de preinscrición deberán presentarse no modelo oficial que se poderá obter en calquera dos centros cívicos municipais da cidade.

4. O impreso de preinscrición deberase presentar no centro cívico que oferte as actividades solicitadas e dentro do prazo establecido para cada convocatoria.

5. Cada solicitante só poderá presentar un impreso de solicitude de preinscrición por centro cívico, cun máximo de tres actividades.

6. No momento da súa presentación no centro cívico correspondente, a cada impreso de solicitude asignaráselle un número. No caso de detectarse que algunha persoa presente máis dun impreso de solicitude de preinscrición nun mesmo centro cívico, darase por válida a que teña o ordinal máis alto, é dicir, a última solicitude que se presentou -entendendo que se trata dunha modificación- e anularanse todas as anteriores.

7. Unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes de preinscrición, realizarase un sorteo público en cada centro cívico para a asignación de prazas dispoñibles e a elaboración das listas de espera. As listas de persoas admitidas nas actividades e as listas de espera elaboraranse por rigorosa orde correlativa, a partir do número resultante do sorteo público.

8. No caso de que o número de solicitudes para unha actividade non superase a oferta de prazas, e sempre que se dea o número de solicitudes mínimo esixido para o desenvolvemento da actividade, non será necesaria a realización do sorteo público. Como criterio xeral, necesitaranse un mínimo de oito solicitudes (preinscricións).

9. Se a actividade non reúne o número mínimo de solicitudes de participantes previsto na programación municipal (preinscricións) reflectido no apartado anterior, o equipo técnico de Servizos Sociais, poderá acordar a supresión da actividade afecta.

10. As listaxes de participantes admitidos de cada centro cívico, así como as listas de espera, expoñeranse no taboleiro de anuncios do centro cívico correspondente. Tamén se poderán consultar na páxina web de Servizos Sociais, ou no teléfono de información municipal 010.

 

-Inscrición nas actividades:

11. Unha vez comprobada a súa inclusión na listaxe de persoas admitidas deberán retirar, no centro cívico, o impreso municipal de autoliquidación de taxas, necesario para poder aboar, na entidade bancaria e no número de conta que figuran no propio impreso, o prezo público que corresponda.

12. Para a formalización da inscrición definitiva nunha determinada actividade as persoas incluídas na listaxe de admitidos e admitidas deberán presentar, no mesmo centro cívico no que se realiza a actividade, o resgardo do impreso municipal de autoliquidación de taxas no que conste que fixeron o aboamento do prezo público correspondente. Este trámite de presentación deberase realizar, necesariamente, dentro do prazo e horarios establecidos para a inscrición en cada convocatoria; de non ser así, perderase o dereito á praza na actividade.

13. Os prezos públicos correspondentes a cada actividade fíxanse de acordo coas tarifas vixentes aprobadas na Ordenanza Fiscal núm. 43, reguladora do prezo público por prestación de servizos e utilización de instalacións culturais, educativas, de lecer e análogas de titularidade municipal (ordenanza fiscal publicada no BOP da Coruña de 28/12/2012) ou da ordenanza municipal que a substitúa.

14. Non se admitirá a inscrición definitiva dunha mesma persoa na mesma actividade en centros cívicos diferentes. De darse o caso, procederase á anulación de todas as inscricións desta persoa na mencionada actividade.

15. Entenderase que unha persoa previamente admitida nunha actividade renuncia á praza nos casos seguintes:

-Cando non reúna os requisitos e as condicións adecuados para a realización da actividade (apartados 1 e 2).

-Cando a persoa non realice o pago do prezo público ou non presente o documento acreditativo do mencionado pago (autoliquidación de taxas), nin formalice a inscrición no centro cívico municipal, no prazo e horario indicados en cada convocatoria (apartados 11 e 12).

-Cando a persoa participante acumule máis de seis faltas de asistencia (apartado 16).

16. No desenvolvemento de cada actividade, só se admitirán un máximo de seis faltas, consecutivas ou non, en cada convocatoria.

 

- Reserva para persoas beneficiarias de programas sociais do Concello:

17. O Concello da Coruña, a través da Concellería de Xustiza Social e Coidados resérvase o 20% do total das prazas ofertadas en cada actividade para as persoas beneficiarias de programas sociais. Estas prazas xestionaranse a través dos equipos técnicos de servizos sociais encargados do programa de actividades socioculturais de prevención e promoción social.

 

- Xestión da lista de espera:

18. As persoas solicitantes que se encontren en lista de espera serán avisadas telefonicamente na mesma orde na que aparezan na listaxe. O devandito aviso realizarase mediante un máximo de dous intentos de chamadas telefónicas, en distinta franxa horaria, ao teléfono que a persoa solicitante indicase no impreso de preinscrición.

Cando se chame ás persoas incluídas na lista de espera e non se consiga contactar, despois de realizados dous intentos de chamada telefónica, perderase o dereito á praza.

Unha vez iniciada a actividade e superado o 30% das horas de docencia, a incorporación da lista de espera realizarase tras a previa valoración do equipo técnico de Servizos Sociais, tendo en conta o contido da actividade e garantindo que as novas incorporacións non atrasen o seu desenvolvemento.

 

-Criterios adicionais:

19. A presentación da solicitude de participación nas actividades supón aceptar todos e cada un destes criterios e as condicións establecidas para cada actividade, así como o estrito cumprimento do seu horario e das directrices e instrucións marcadas polo persoal técnico municipal e polo monitorado responsable.

20. Se unha actividade non reúne o número mínimo de participantes previsto nas condicións de cada actividade, o equipo técnico de Servizos Sociais poderá acordar a súa supresión. Neste caso procederíase á devolución do prezo público aboado ás persoas afectadas, tras a  previa presentación individualizada da correspondente solicitude.

21. As persoas usuarias e participantes nas distintas actividades socioculturais están obrigadas ao bo uso e conservación dos espazos, medios ou material que empreguen.

22. Calquera información relevante relativa ás actividades obxecto de convocatoria comunicarase a través do taboleiro de anuncios do centro cívico no que se realice ou na sección correspondente da páxina web de Servizos Sociais, segundo a súa relevancia e efectos.

Criterios xerais de participación nas actividades do programa de activiades socioculturais dos centros cívicos (83 KB)

Noticias

Prestacións sociais

Subscrición ao boletín de actividades

A subscrición a este boletín realizarase no idioma de navegación actual da páxina web: Galego

Aviso legal

De conformidade co establecido no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, infórmase de que os datos de carácter persoal declarados polo interesado pasarán a formar parte dun ficheiro automatizado, cuxo responsable de tratamento será o Concello da Coruña, e cuxas finalidades e usos previstos serán os seguintes: Xestión de datos de identificación e contacto de cidadáns que solicitan algún tipo de información ou documentación ao Concello a través do portal web municipal. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición aos datos persoais rexistrados nestes ficheiros poderanse exercer ante o Rexistro Xeral do Concello da Coruña (Pza. María Pita, número 1), nos termos establecidos nos artigos 15, 16 e 17 da citada Lei orgánica 15/1999.

Novidades

Máis información

  • Concello da Coruña
  • Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.
  • Plan avanza
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 | 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?