Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Servicios Sociales

  • Compartir
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

Cuándo:

10 de enero de 2019

A Concellería de Xustiza Social incrementa en 2.550 as horas de atención ao ano no contrato SAD I de axuda no fogar, cuxas bases “garanten unha mellora nas condicións do servizo e dos dereitos do persoal”

A edil Silvia Cameán destaca que o novo contrato, que aumenta o orzamento de licitación en 140.000 euros ata chegar aos 1,6 millóns anuais, busca unha maior eficiencia técnica na adxudicataria, así como aumentar o control sobre a prestación

A Concellería de Xustiza Social e Coidados reforza a atención de axuda no fogar na licitación do novo contrato para o lote 1 de Servizo de Atención a Domicilio (SAD I), que vén de iniciar o procedemento aberto de contratación cun incremento de 2.550 horas anuais de asistencia, que poderán ser melloradas nas ofertas, e un orzamento anual de licitación de 1,6 millóns de euros, o que supón un incremento de 140.000 euros respecto ao anterior. O servizo, que será adxudicado por dous anos con posibilidade de prórroga na súa prestación ata un máximo de dous anos máis, chegará a 266 persoas. A edil responsable do departamento, Silvia Cameán, salienta que, con este novo contrato, "tamén se garante que a empresa que resulte adxudicataria sexa a que ofrece as mellores condicións e teña acreditada solvencia, non só económica e financeira, senón tamén técnica, na prestación do servizo, que afecta ao día a día de colectivos moi vulnerables da cidade". "No servizo do SAD I reforzarase a necesidade de evitar a rotación do persoal no domicilio, o que inflúe directamente na calidade e no trato dos e das pacientes, e mellórase en xeral a descrición dos servizos que teñen que prestar ao Concello, o que permite ao Goberno local asegurar un maior control sobre a súa prestación", explica Cameán. Neste sentido, os criterios de valoración teñen especial peso no seu apartado técnico, no que se valora dende os procesos de xestión e intervención, a organización dos recursos humanos e tamén os técnicos e materiais e a avaliación e mellora na calidade de intervención. O servizo de axuda no fogar, que prestan na actualidade catro empresas, atende a máis de 1.500 persoas na cidade e que reciben máis de 400.000 horas anuais de atención.

Tal e como indica a concelleira, os criterios do novo contrato permitirán valorar situacións "que lle dan valor engadido e que aumentan a calidade do servizo" como son os protocolos de detección de casos vulnerables, as condicións de contratación e organización do persoal ou as medidas de mellora permanente de atención, entre outros aspectos. A posta en marcha hai un mes do novo sistema informático no servizo permite precisamente incrementar o control e o nivel de fiscalización da Concellería de Xustiza Social sobre o cumprimento das bases das licitacións por parte das empresas. "O novo contrato fará tamén especial atención ás cláusulas sociais e laborais para asegurar unha correcta seguridade e protección da saúde no traballo, así como a contratación de grupos con especial dificultade de acceso ao mercado do emprego, entre outras", sinala a concelleira. A empresa concesionaria terá que cumprir co compromiso de contratar segundo o convenio colectivo que aplica en Galicia e se valorará a formación continúa ao persoal. Ademais, as bases establecidas pola Concellería de Xustiza Social e Coidados para este novo contrato do SAD I establece que a empresa concesionaria estará obrigada a incorporar a perspectiva de xénero na execución do servizo, "evitando elementos de discriminación machista tanto no trato como na imaxe".

O servizo do SAD I está destinado ás persoas maiores con déficit de autonomía e a persoas con diversidade, especialmente nos casos nos que carecen de apoio no seu entorno inmediato. O acceso a este servizo está regulado para persoas que non teñan dereito de atención recoñecido dentro do sistema de dependencia (SAD básico), para aquelas que teñan a súa resolución aprobada dentro deste sistema (SAD Dependecia), ás persoas incluídas no Programa de atención domiciliaria sociosanitaria que requiren unha intervención urxente (SAD urxencia) e, por último, para aquelas persoas que precisen dun apoio para mellorar a relación social e familiar (SAD sociofamiliar).

Suscripción al boletín de actividades

Los campos marcados con un asterisco son obligatorios

La suscripción a este boletín se realizará en el idioma de navegación actual de la página web: Castellano

Política de privacidad

De acuerdo con la legislación en materia de protección de datos y, en concreto, con el Reglamento UE 2016/679, del Parlamento Europeo y del Consejo, de 27 de abril, los datos personales que usted nos facilite voluntariamente en el formulario de "Suscripción al Boletín de actividades", serán tratados bajo la responsabilidad del AYUNTAMIENTO DE A CORUÑA Plaza María Pita nº 1 (15001 - A Coruña), con la finalidad de ofrecer a la ciudadanía información a través del Portal Web del Ayuntamiento, estando legitimado por el consentimiento que usted expresamente otorga mediante la aceptación de la cláusula de protección de datos, pudiendo usted retirar dicho consentimiento en cualquier momento, sin efectos retroactivos.

Sus datos de contacto se tratarán durante el tiempo que mantenga la suscripción o ejerza su derecho de cancelación u oposición. Igualmente le informamos que tiene derecho a solicitar a la persona responsable del tratamiento, en cualquier momento, el acceso, rectificación o supresión de sus datos personales y la limitación de su tratamiento.

También tendrá derecho a oponerse a dicho tratamiento, así como a solicitar, salvo casos de interés público y/o ejercicio de poderes públicos, la portabilidad de sus datos. Dichos derechos podrá ejercerlos mediante solicitud remitida a la siguiente dirección: Registro de entrada municipal Plaza Mª Pita nº 1, con la referencia "protección de datos", a través de un escrito firmado al efecto, adjuntando una fotocopia de su Documento Nacional de Identidad.

Igualmente podrá dirigir dicha solicitud directamente a la persona Delegada de Protección de Datos.

Asimismo, usted tiene derecho a presentar una reclamación ante la Agencia Española de Protección de Datos (AEPD).

Marca la siguiente casilla para aceptar la política de privacidad *

  • Ayuntamiento de A Coruña
  • Ministerio de industria, turismo y comercio
  • Plan avanza
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?