17 de decembro de 2018
A inscrición realizarase os días 18, 19 e 20 de decembro no centro cívico onde se obtivo a praza.
Admisións
Todas/os as/os menores que solicitaron praza e cumpren cos requisitos da convocatoria (menores nadas/os entre o 01/01/2006 e o 31/12/2014) resultaron admitidas/os. As listaxes pódense consultar ao final desta noticia.
Inscrición
Cota de inscrición:
Prazas vacantes
Con excepción dos centros de Labañou e Santa Margarida, hai prazas vacantes para o campamento en todos os centros cívicos. Non hai prazas vacantes na cota de necesidades educativas especiais ou discapacidade.
As persoas interesadas nas prazas vacantes terán que acudir ao centro cívico onde queiran realizar o campamento nos días e horario da inscrición.
As prazas vacantes outorgaranse por rigorosa orde de chegada.
Documentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible