Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de decembro de 2013

Campamentos Urbanos de Nadal, 2013 Centro Cívico Elviña. Listaxe de admisións

Campamento urbano de Nadal, 2013 do Centro Cívico Elviña

No documento adxunto pódese consultar a listaxe de menores admitidos/as no Campamento de Nadal do Centro Cívico Elviña.

Todos as/os nenas/os que formalizaron a súa preinscrición no Campamento Urbano de Nadal do Centro Civico Elviña obtiveron praza, polo que poderán formalizar a INSCRICIÓN a partir da próxima semana nos días, horarios e lugares que se indican a continuación:

Días da inscrición: 13 e 14 de decembro de 2013

Horario: de 10:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas

Lugares para a inscrición: centros cívicos da Rede de Centros Cívicos Municipais

As persoas participantes deberán aboar no momento da inscrición 12,00 € de cota por menor participante admitido.

O campamento urbano de Nadal realizarase os días 23, 26, 27 e 30 de decembro de 2013, e os días 2 e 3 de xaneiro de 2014, en horario de 10:00 a 13:00 horas.

Para máis información pódese consultar no Centro Cívico Municipal Monelos, no teléfono de información municipal 010, e no teléfono 981 184 358.

Enderezo:

Praza Esteban Lareo s/n. 15008 A Coruña

Documentos:

lista admisións campamento Nadal Centro Cívico Elviña (207 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión