Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de setembro de 2018

Convócase o Concurso de viñetas 2018 dentro do Programa de Ocio Saudable para a Mocidade

Concurso de viñetas 2018 "Sen adiccións... Un bo plan"

O Concello da Coruña, dentro do marco de accións desenvolvidas para a prevención das drogodependencias e promoción do lecer saudable na mocidade, convoca a VIII edición do concurso de viñetas dirixido á mocidade para a elaboración do cartel da campaña de prevención "Sen adiccións... un bo plan"

A Concellería de Xustiza Social e Coidados do Concello da Coruña, dentro do marco de accións desenvolvidas para a prevención das drogodependencias e promoción do lecer saudable na mocidade, convoca a VIII edición do concurso de viñetas "Sen adiccións... un bo plan".

Este concurso, cofinanciado pola Delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas, ten como obxectivo implicar a mocidade no deseño de estratexias de sensibilización na prevención de condutas adictivas e fomentar os hábitos e as alternativas de lecer saudables.

Poderá participar a mocidade que estea a cursar o ensino secundario obrigatorio (ESO) e formación profesional básica (FP) en centros do municipio da Coruña, en dúas categorías: mocidade que cursa 1º e 2º de ESO e mocidade que cursa 3º e 4º de ESO ou FP básica.

As bases do concurso recóllense no díptico que se achega con esta noticia.

Documentos:

Folleto Concurso de viñetas 2018 (1 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión