Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de setembro de 2014

Cursos para mulleres: Programa Emprende Futuro

Está aberto o prazo de inscrición. As solicitudes entregaranse no Centro Municipal Sagrada Familia.

O Centro de Información ás Mulleres vai desenvolver durante o último trimestre do ano 2014 unha serie de cursos, cofinanciados pola Deputación da Coruña, nos que o obxectivo principal será conseguir incidir na inserción laboral das mulleres. Estes cursos forman parte do programa de Emprende Futuro.

As solicitudes, que se poden realizar dende este mesmo momento, presentaranse no Centro Municipal Sagrada Familia s/n (UAMI); en horario de luns a venres de 9.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 h.

Os cursos son os seguintes:.

  1. Ofimática empresarial (60 horas). Impartiranse contidos relacionados cos programas Word, Excell e Power point para tratamento de textos, xestión de follas de cálculo e presentacións gráficas de información empresarial. Realizaranse dúas edicións, para a primeira edición a inscrición realizarase do 19 ao 24 de setembro e o curso comezará o 1 de outubro e finalizará o 31 de outubro. O horario será de 9.30 a 12.30 h. Para a segunda edición a inscrición farase do 13 ao 17 de outubro e comezará o curso o día 3 de novembro ata o 2 de decembro, en horario de 16.00 a 19.00 h.
  2. Realización de elaboracións básicas de cociña (140 horas). Os módulos que se impartirán están relacionados coa preelaboración e conservación de comidas, elaboración culinaria básica así como prácticas non laborais. As datas de inscrición son do 22 ao 26 de setembro. O comezo deste curso será o 6 de outubro .
  3. Competencias emprendedoras (30 horas). Tratarase a formación, motivación e orientación para emprender e promover o emprego autónomo, en calquera das súas formas, como alternativa real ao emprego. O prazo de inscrición será do 19 de setembro ao 10 de outubro. Realizaranse dúas edicións, a primeira do 15 de outubro ao 28 de outubro e a segunda edición do 20 de novembro ao 3 de decembro. O horario de ambas as edicións será de 9.30 a 12.30 h.

Enderezo:

Centro de Información ás Mulleres - CIM. Rúa Hortensias s/n. 15008 A Coruña

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión