26 de maio de 2017
Actividades nos centros cívicos para menores nados entre o 01/01/2005 e o 31/12/2013.
Empregando o barrio como fío condutor, as nenas e nenos realizarán actividades para fomentar o desenvolvemento da súa imaxinación e da súa capacidade creativa mediante o debuxo, o modelado, a pintura, o teatro, a danza etc.
Embárriate realizarase nos centros cívicos que se enumeran a continuación, do 26 ao 30 de xuño, en horario xeral de 10.00 a 14.00 h. Ademais, nos centros sinalados cun asterisco (*) existe posibilidade de solicitar horario complementario de 9.00 a 14.30 h.
Preinscrición
Soamente se poderá presentar unha preinscrición por menor. En caso de detectarse máis dunha preinscrición para unha mesma nena ou neno, anularanse todas.
Ao final desta noticia, pódese descargar a preinscrición para esta actividade ou recollela nos centros cívicos onde se realiza a actividade.
Sorteo público
Publicación de lista de admisións e listas de reserva:
Inscrición:
Prezo público para aboar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible