Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de agosto de 2019

Preinscrición nas actividades socioculturais dos centros cívicos. Convocatoria de setembro 2019

O prazo de preinscrición será os días 2, 3 e 4 de setembro en horario de 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 h

  • Preinscrición

Prazo: 2, 3 e 4 de setembro en horario de 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 h

As solicitudes de preinscrición deberanse presentar no centro cívico onde se desexa realizar a actividade e no modelo oficial de solicitude, que se poderá obter en calquera dos centros cívicos municipais ou premendo aquí.

Cada solicitante só poderá presentar un único impreso de solicitude de preinscrición por centro cívico. En cada impreso poderanse solicitar un máximo de tres actividades. No momento da presentación da solicitude de preinscrición, a cada impreso asignaráselle un número.

  • Sorteo público

En cada centro cívico municipal, o 4 de setembro ás 20:15 h

A partir do número resultante do sorteo público, que se realizará en cada centro cívico e por rigorosa orde correlativa, elaboraranse as listas de admisións nas actividades e as listas de espera.

  • Publicación das listas provisionais de admisións e listas provisionais de espera

20 de setembro. Ambas as listas poderanse consultar nos taboleiros de anuncios dos centros cívicos, nesta páxina web e no Teléfono de Información Cidadá 010.

  • Prazo de inscrición

23, 24 e 25 de setembro en horario de 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 h

As persoas admitidas retirarán no centro cívico, no período de inscrición, o impreso municipal de pago e deberán aboar na entidade bancaria o prezo público que corresponda, segundo a duración da actividade. O prezo público establécese segundo a Ordenanza fiscal núm. 43, reguladora do prezo público por prestación de servizos e utilización de instalacións culturais, educativas, de lecer e análogas de titularidade municipal.

Unha vez aboado na entidade bancaria o prezo público correspondente a cada actividade na que resultasen pre-admitidas/os, é imprescindible entregar no centro cívico correspondente o resgardo bancario selado pola entidade.

Ambos os trámites (aboamento do prezo público e presentación no centro cívico do impreso selado pola entidade bancaria), deberán realizarse dentro do prazo e horario establecidos para a inscrición. De non ser así, perderase o dereito á praza na actividade e procederase a chamar a persoa que corresponda da lista de espera.

No menú da web, premendo en "Actividades" podes consultar o cadro de actividades por cada centro cívico.

Tamén premendo directamente sobre o nome do centro cívico na lista seguinte, podes consultar a oferta de actividades socioculturais para a convocatoria de setembro de 2019 e, ao final, podes consultar os criterios de participación neste programa municipal.

Criterios de participación no programa de actividades socioculturais de prevención e cooperación social dos centros cívicos municipais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión