Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

4 de outubro de 2014

Taller de arquitectura infantil dirixido a nenos e nenas de entre 8 e 12 anos.

Taller de arquitectura infantil

Este taller pertence á convocatoria de actividades socioculturais de setembro do 2014. Este taller parte da necesidade de achegar a arquitectura ás persoas, educar na boa arquitectura para apreciar e ser críticos cos espazos que nos rodean. Non só os edificios son arquitectura. Abordaremos a importancia do territorio, da cidade, así como dos pequenos obxectos que nos rodean, explicando a importancia do deseño destes. Realizaredes diversas actividades como: construción de maquetas, colaxes e mecanos... que vos permitirán comprender conceptos básicos da arquitectura (espazo, proporcións, a luz...).

Podes solicitar esta actividade a través do proceso de preinscrición e inscrición establecido para a convocatoria de actividades socioculturais de setembro do 2014, que é o seguinte:

Preinscrición:4, 5, 6 de setembro en horario de 10.00 a 13.30 h e de 16.30 a 20.00 h.

Sorteo público: 6 de setembro ás 20.15 h.

Publicación da listaxe de admisións: 19 de setembro, no Centro Cívico de Mesoiro, nesta web municipal e no teléfono de información cidadá 010.

Inscrición de persoas admitidas: 22, 23, 24 de setembro, en horario de 10.00 a 13.30 h e de 16.30 a 20.00 h.

Inicio: 4 de outubro (sábado)

Fin: 13 de decembro (sábado).

Horario: de 11.30 a 13.30 h.

Custo: 11,61 euros.

Inscrición: na conserxería do centro, a partir do 20 de agosto. Adxudicación de prazas por orde de inscrición.

Enderezo:

Centro Cívico Mesoiro. Rúa Os Ancares 15. 15190 A Coruña

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión