4 de agosto de 2018
A edil Silvia Cameán lembra que a proposta, “que favorece o benestar social e físico da veciñanza”, celebrarase nos barrios de Monelos, Labañou, Castrillón, Eirís, Os Mallos, San Diego e Monte Alto
Os bailes para maiores dos centros cívicos regresarán no mes de setembro. A Concellería de Xustiza Social e Coidados vén de dar a coñecer a data de inicio deste programa, dirixido á cidadanía de maior idade, "co obxectivo de favorecer o seu benestar social e físico", segundo apunta a edil Silvia Cameán. "Estes bailes ordinarios fomentan a participación activa das nosas veciñas e veciños, que teñen no centro cívico do seu barrio un espazo de referencia para o encontro e o lecer en común", explica a concelleira, quen lembra durante a anterior tempada tiveron lugar 198 bailes nos centros cívicos e que contaron cun total de 30.477 participantes.
A partires do 16 de setembro, data na que terá lugar o primeiro baile da tempada, o Concello retomará a iniciativa, que se desenvolverá todos os días da semana en sete centros cívicos municipais, entre as 17.00 e as 20.30 horas. Así, os luns será en Monelos e os martes en Labañou, mentres que os mércores variará o lugar da súa celebración. Os xoves o programa chegará ao Castrillón e Eirís --en semanas alternas, de xeito que haberá baile cada 15 días en cada un dos centros--, e o venres nos Mallos. Xa na fin de semana, os sábados será en San Diego, e os domingos en Monte Alto.
O Concello manterá os prezos para participar no programa, que será de 1,5 euros por baile ordinario. Ademais, a Concellería de Xustiza Social e Coidados reservará, como é habitual nos distintos proxectos da área, unha porcentaxe dos bailes para persoas en situación de vulnerabilidade social, cuxa participación será gratuíta.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible