Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Servicios Sociales

Cuándo:

18 de julio de 2017

Xustiza Social presenta o programa ‘Non Pases Por Un Mal Trago’, destinado “a informar, formar e facer reflexionar” a menores que recibiron sancións por consumo de alcol

A concelleira Silvia Cameán presentou esta iniciativa promovida polo Concello da Coruña en colaboración coa asociación sen ánimo de lucro Adafad. “A solución realmente efectiva á problemática das adicións radica na educación e no diálogo”, insiste a responsable municipal

A concelleira de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán, presentou este martes en rolda de prensa o programa municipal Non Pases Por Un Mal Trago, que se desenvolve en colaboración coa entidade social sen ánimo de lucro Adafad (Asociación de Axuda a Familiares de Drogopendentes) e que ten como obxectivo "educar, formar e facer reflexionar a menores que foron sancionados por consumo de alcol". En concreto, na rolda de prensa na que estivo acompaña da de María José Lamas, directora de Adafad, a representante municipal indicou que o programa está dirixido a todos e todas aquelas menores ás que o Concello impuxo unha sanción por consumo de bebidas alcólicas. Este programa dá a posibilidade aos e ás rapazas sancionadas de substituír a multa pola realización dun programa formativo, impartido por Adafad, sobre os problemas derivados do consumo de alcol. "O obxectivo fundamental deste programa é que os e as menores de idade teñan toda a información sobre as consecuencias nocivas do consumo e do abuso do alcol", destacou Cameán. "Esta iniciativa vai en consonancia coa liña de actuación deste Goberno. Cremos que a loita real e efectiva contra as adicións non se pode combater mediante multas e sancións, senón dende a educación. Non queremos criminalizar aos rapaces e as rapazas, queremos que reflexionen, que se dean conta do que implica o alcol e, sobre todo, queremos darlles alternativas", indicou a edil, quen recordou as diversas actividades dirixidas á mocidade postas en marcha polo Goberno local. "Este Goberno non aposta pola mera prohibición, senón pola formación e a concienciación como o mellor antídoto contra comportamentos nocivos", dixo Cameán que indicou que, en moitas ocasións, as sancións "acaban por ser un 'castigo' para as nais e pais máis que un sistema efectivo para a concienciación dos e das fillas". "Cremos que esta medida vai ser un gran avance na consecución do obxectivo de concienciar aos e ás menores de idade sobre o consumo de alcol", insistiu.

Cada hora que o menor adique a este programa formativo de substitución de multas equivale a 20 euros de sanción, sen que o rapaz ou rapaza poida, en ningún caso, superar as 300 horas. As actividades (charlas individuais e colectivas) desenvolveránse na propia sede de Adafaf (Rosalía de Castro, 13-1ºD). Cameán explicou que os e as menores sancionadas por cometer infraccións reguladas na Lei 11/2010 do 17 de decembro de prevención do consumo de bebidas alcohólicas poderán solicitar participar neste programa coa autorización dos seus representantes legais a partir xa deste momento.

A participación nestes cursos poderá solicitarse no prazo de dez días a partir do día seguinte á recepción da notificación de imposición de multa. De cara a fomentar que os e as menores de idades sancionadas poidan acceder a este programa, o Concello decidiu que a comunicación de imposición de multa vaia acompañada por un formulario para solicitar a participación en Non Pases por Un Mal Trago. O mesmo tamén pode descargarse na web municipal de servizos sociais, no apartado de impresos. Posteriormente, a solicitude poderá presentarse en calquera das sedes do rexistro municipal de entrada de documentos. Unha vez presentada a solicitude, o Concello enviará unha notificación de aceptación. A partir de aí o ou a solicitante terá un prazo de dez días para acudir a Adafad.

Pola súa banda, a directora de Adafad explicou que, segundo os últimos estudos entre o estudantado galego, o alcol segue a ser a substancia psicoactiva máis estendida. "O programa do que estamos a falar traballa a psicoeducación preventiva. Queremos diminuír o consumo de alcol, pero facendo que a xuventude sexa consciente do risco e tendo ademais ferramentas para afrontar estas situacións", comentou.

Documentos:

Cartaz informativo (114 KB)

Suscripción al boletín de actividades

Los campos marcados con un asterisco son obligatorios

La suscripción a este boletín se realizará en el idioma de navegación actual de la página web: Castellano

Política de privacidad

De acuerdo con la legislación en materia de protección de datos y, en concreto, con el Reglamento UE 2016/679, del Parlamento Europeo y del Consejo, de 27 de abril, los datos personales que usted nos facilite voluntariamente en el formulario de "Suscripción al Boletín de actividades", serán tratados bajo la responsabilidad del AYUNTAMIENTO DE A CORUÑA Plaza María Pita nº 1 (15001 - A Coruña), con la finalidad de ofrecer a la ciudadanía información a través del Portal Web del Ayuntamiento, estando legitimado por el consentimiento que usted expresamente otorga mediante la aceptación de la cláusula de protección de datos, pudiendo usted retirar dicho consentimiento en cualquier momento, sin efectos retroactivos.

Sus datos de contacto se tratarán durante el tiempo que mantenga la suscripción o ejerza su derecho de cancelación u oposición. Igualmente le informamos que tiene derecho a solicitar a la persona responsable del tratamiento, en cualquier momento, el acceso, rectificación o supresión de sus datos personales y la limitación de su tratamiento.

También tendrá derecho a oponerse a dicho tratamiento, así como a solicitar, salvo casos de interés público y/o ejercicio de poderes públicos, la portabilidad de sus datos. Dichos derechos podrá ejercerlos mediante solicitud remitida a la siguiente dirección: Registro de entrada municipal Plaza Mª Pita nº 1, con la referencia "protección de datos", a través de un escrito firmado al efecto, adjuntando una fotocopia de su Documento Nacional de Identidad.

Igualmente podrá dirigir dicha solicitud directamente a la persona Delegada de Protección de Datos, cuya identidad.

Asimismo, usted tiene derecho a presentar una reclamación ante la Agencia Española de Protección de Datos (AEPD).

Marca la siguiente casilla para aceptar la política de privacidad *

  • Ayuntamiento de A Coruña
  • Ministerio de industria, turismo y comercio
  • Plan avanza
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?