Axudas económicas individuais, persoais e intransferibles que se conceden a titulares dun taxi adaptado para o transporte de clientela con mobilidade reducida con discapacidade, cuxa finalidade é o mantemento e a compensación de gastos polos equipamentos adaptados ás persoas con discapacidade nos taxis.
Axudas económicas de pago único, destinadas a cubrir necesidades básicas e urxentes en situacións persoais ou familiares de emerxencia social.
Axudar a persoas e familias en situación de necesidade económica grave e urxente, proporcionándolles unha prestación, non periódica, de carácter económico que lles permita facer fronte a gastos ordinarios ou extraordinarios.
O obxecto desta convocatoria de axudas económicas é promover o benestar e o autocoidado de persoas coidadoras de persoas dependentes sufragando gastos realizados no 2022 de respiro familiar e outros destinados directamente ao benestar da persoa coidadora.
O obxecto desta prestación é proporcionarlle axuda económica ás familias para colaborar no pagamento do comedor escolar das súas fillas e fillos. Está destinada a familias do Concello da Coruña, empadroadas no Concello da Coruña e que teñan fillas e fillos a cargo, escolarizados en centros educativos que se atopen dentro do termo municipal da Coruña e cumpran os requisitos establecidos
Esta prestación ten por obxecto a concesión de axudas económicas individuais a persoas con discapacidade que, por estar gravemente afectadas na súa mobilidade, teñan problemas para utilizar os transportes públicos colectivos, co obxecto de proporcionarlles un servizo de desprazamentos en taxi.
Atención a menores a través dun proxecto socioeducativo, desenvolvido nun espazo dotado de medios tecnolóxicos e informáticos modernos.
Os convenios nominativos financian a promoción de toda clase de actividades e a prestación de cantos servizos públicos contribúan a satisfacer as necesidades e aspiracións da comunidade veciñal.
O obxecto das subvencións é a realización de actividades de cooperación internacional para a realización de actividades de cooperación ou que persigan un interese social ou humanitario no exterior.
O obxecto das subvencións é a realización de actividades de promoción e reinserción social e na prestación de servizos sociais no termo municipal da Coruña.
resultados 54
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible