Intervención psicolóxica con menores que sufran violencia de xénero, tratando de lograr a súa recuperación emocional, fortalecendo a súa capacidade de resiliencia e previndo a asunción de modelos de relación violentos.
A poboación destinataria son nenas e nenos de entre catro e dezaoito anos de idade que vivisen situacións de violencia de xénero no contexto familiar, que poderán ser atendidos/as xunto coas súas nais.
Tamén se atenderá a aquelas nenas menores que sufrisen violencia de xénero nas súas relacións de parella ou por agresores alleos á contorna familiar.
Os requisitos que se contemplan para acceder á prestación son:
Aberta todo o ano.
Promove a recuperación emocional dos e das menores, o restablecemento dos seus vínculos afectivos, das súas relacións familiares e a participación e adaptación social/escolar.
Prevese unha duración aproximada de oito sesións por unidade familiar, dependendo da problemática exposta por cada usuario/a.
Entidades
Normativas relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible