Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de setembro de 2016

Para que todas as persoas teñan as súas necesidades básicas cubertas

A Renda Social Municipal pódese solicitar desde hoxe

As persoas demandantes desta prestación poderanse dirixir aos centros cívicos municipais, ás unidades de atención social ou recibir información no teléfono 010 de atención cidadá

Esta prestación económica permitiralles ás persoas en situación de vulnerabilidade dispoñer dunha cobertura para as súas necesidades máis básicas, á vez que acceden a itinerarios de inclusión activa.

A Renda Social municipal vai dirixida a persoas residentes no municipio coruñés, e empadroadas nel, que estean en situación ou risco de exclusión social e non teñan dereito a percibir a Risga da Xunta ou outras prestacións de carácter público e natureza similar. Supón o pago periódico por un prazo de seis meses, e prorrogable ata 18 meses, dunha cantidade que terá como contía máxima o 100% do IPREM (o índice de referencia no Estado español para a concesión de axudas e subsidios) para as unidades de convivencia dun único membro -podendo aumentarse ata o 200% esta contía en función do número de integrantes dela-, co obxectivo de garantir a cobertura de necesidades básicas como a alimentación diaria, o vestiario, o transporte, a vivenda, os coidados persoais ou os custos da educación obrigatoria. Entre os requisitos que establece a ordenanza reguladora desta prestación está o ter cumpridos os 18 anos, non ter a idade mínima para solicitar unha pensión non contributiva de xubilación e formar parte dunha unidade de convivencia cuns ingresos inferiores aos 532 euros mensuais, en caso de tratarse dunha única persoa; 639 euros, para unidades de dous membros; 745 euros en unidades de tres membros, 852 euros, de catro membros; 958 euros mensuais, para unidades de cinco membros, ou 1.065, para unidades de seis ou máis membros.

Información máis detallada aquí

Web Renda Social Municipal

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión