Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de decembro de 2023

Convocatoria 2024 Bono-Taxi

Convocatoria de axudas destinadas a apoiar o transporte en taxi de persoas con discapacidade

O prazo de presentación de solicitudes é desde o día 22 de decembro ata o día 22 de xaneiro.

O día 21 de decembro publicouse no Boletín Oficial da Provincia o Extracto da resolución do 15/12/2023, da segunda tenente de alcaldía e concelleira delegada da Área de Benestar Social, pola que se convocan, en réxime de concorrencia non competitiva, as axudas destinadas a apoiar o transporte en taxi de persoas con discapacidade do Concello da Coruña para o ano 2024 ("BONO TAXI 2024").

Obxecto da convocatoria:

A convocatoria está dirixida a persoas cunha discapacidade que afecte gravemente á súa mobilidade, residentes no termo municipal da Coruña e que lles impida utilizar os transportes públicos colectivos, co fin de proporcionarlles un servizo alternativo de taxis para os seus desprazamentos.

O prazo para presentar as solicitudes será desde o día 22.12.2023 ata o día 22.1.2024 (ambos incluídos).

As persoas beneficiarias, ademais das previstas con carácter xeral no artigo 13 da Lei xeral de subvencións, deberán cumprir os seguintes requisitos:

  • Seren maiores de 3 anos.
  • Residir no termo municipal do Concello da Coruña e constar como empadroadas nel.
  • Ter recoñecida legalmente a condición de persoa con discapacidade mediante resolución (ou documento equivalente) do organismo competente da Xunta de Galicia ou Administración competente na que conste que a discapacidade afecta gravemente á mobilidade e impide utilizar os transportes públicos colectivos.
  • No caso de que a persoa solicitante estea en activo, non ter recoñecido este beneficio por convenio colectivo, contrato laboral ou calquera outro título acreditativo. Nin tampouco ter dereito a este servizo a través de ISFAS, MUFACE ou outra entidade.
  • Se a persoa é maior de 18 anos, non constar como titular de vehículo, segundo os datos rexistrados no Rexistro de Vehículos da Dirección Xeral de Tráfico.
  • Non dispoñer dunha capacidade económica, calculada conforme ao establecido nas bases da convocatoria, superior ao 210% do IPREM vixente no ano 2024.
  • Estar ao corrente das súas obrigas fiscais coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT), co Concello da Coruña, así como coa Tesourería da Seguridade Social.

Toda a información, procedemento e documentos encóntranse na sede electrónica municipal premendo na seguinte ligazón Bono taxi

Documentos:

Bases da convocatoria en galego (1 MB)

Bases da convocatoria en castelán (2 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión