Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de setembro de 2017

Amplíase a inscrición ata o día 13 de setembro

Curso de mediación en prevención de drogodependencias no Centro Cívico Os Mallos

A Concellaría de Xustiza Social e Coidados, a través do Programa de lecer saudable para a mocidade en centros cívicos, realiza un Curso de mediación en prevención de drogodependencias, impartido por profesionais expertos no ámbito das drogodependencias, dirixido á mocidade de 18 a 30 anos e de carácter gratuíto.

Duración: 15 horas

Dirixido a: mocidade de 18 a 30 anos interesada no ámbito das drogodependencias

Impartido por: profesionais expertos no ámbito das drogodependencias

Lugar de realización: Centro Cívico dos Mallos (Avda de Arteixo, 147)

Datas de realización: 18 a 22 de setembro de 2017

Horario: 17.00 a 20.00 h

Nº prazas: 20

Inscrición: presencial con presentación de DNI. No Centro Cívico dos Mallos do 4 ao 13 de setembro en horario de 17.00 a 19.00 h. Prazas limitadas. Admisión por orde de inscrición.

Observacións: Curso de carácter gratuíto. O curso levarase a cabo coa condición de que se inscriban as persoas participantes suficientes para a súa realización. Emitiráselles o xustificante de asistencia ás persoas participantes que acudisen, como mínimo, o 80% da duración do curso. Prazas limitadas. Admisión por orde de inscrición.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión