Concello da Coruña

Concello da Coruña

Día Mundial do Medio Ambiente

No vestíbulo do centro cívico haberá un panel informativo que nos lembrará a importancia de coidar e respectar o medio ambiente.

A quen vai dirixido?:

A toda a poboación

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 05/06/2019 ata o 09/06/2019

Xa rematou

Horario:

En horario de apertura do centro

Enderezo:

Centro Cívico Castrillón. Praza Pablo Iglesias 1. 15009 A Coruña

Prezo:

Actividade gratuíta

Organiza:

Centro Cívico Castrillón

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas (ONU) na súa resolución do 15 de decembro de 1972 coa que se iniciou a Conferencia de Estocolmo, Suecia, cuxo tema central foi o ambiente.

Desde 1973 realízase o 5 de xuño o Día Mundial do Medio Ambiente.

Os obxectivos principais son brindar un contexto humano, motivar as persoas para que se convertan en axentes activos do desenvolvemento sustentable, promover o papel fundamental das comunidades no cambio de actitudes cara a temas ambientais e fomentar a cooperación para que o medio ambiente sexa sustentable, garantindo que todas as nacións e persoas gocen dun futuro máis próspero e seguro.

Todos os anos desígnase un país anfitrión que será o que elixa o tema do ano, eixo sobre o que xirarán todas as efemérides coa realización de actividades en todo o mundo.

No ano 2019 o Día Mundial do Medio Ambiente centrarase na loita contra as emisións de CO2, e o lema será "Contaminación do aire".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión