Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de setembro de 2016

Mañá, 1 de outubro, é o Día Internacional das Persoas Maiores

As persoas maiores contribuíron e seguen contribuíndo ao desenvolvemento da nosa sociedade. O lema elixido para 2016 é: "Actuemos contra o edadismo" . O obxectivo é que todas as persoas sexan conscientes das actitudes negativas e a discriminación por razóns de idade, así como dos prexuízos que iso lles causa ás persoas maiores.

Di a páxina da OMS (Organización Mundial da Saúde):

"O Día Internacional das Persoas Maiores é unha oportunidade para poñer de relevo a importante contribución das persoas maiores á sociedade e para concienciar sobre os problemas e os retos que implica o envellecemento no mundo actual... O edadismo é a existencia de estereotipos e condutas discriminatorias cara ás persoas en razón da súa idade. É un problema estendido e insidioso que afecta negativamente á saúde das persoas maiores. "

Por iso, A Asemblea Mundial da Saúde aprobou unha estratexia e plan de acción mundiais sobre o envellecemento e a saúde co obxectivo de loitar contra a discriminación por motivos de idade e lograr a mellora da vida cotiá das persoas maiores.

Páxina da OMS do Día Internacional das Persoas Maiores 2016

Páxina da ONU do Día Internacional da Persoas Maiores

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión