Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Servizos Sociais

Cando:

15 de setembro de 2018

O alcalde salienta a inminente posta en marcha do novo equipo de atención social dos Mallos, dentro da descentralización dos servizos sociais que se implanta este luns "para poñelos máis cerca das persoas que o necesitan"

Xulio Ferreiro, xunto con boa parte do equipo de goberno, participou esta mañá nun novo encontro Dillo ti coa veciñanza do barrio dos Mallos, onde o Concello executou ou ten en marcha obras por importe de máis de 1,8 millóns de euros

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e a maior parte do goberno municipal participaron este sábado nun novo encontro Dillo ti coa veciñanza, esta vez no centro cívico dos Mallos, na segunda visita que fai ao barrio desde a creación desta iniciativa. Alí deu conta da posta en marcha, o próximo luns, día 17, do novo equipo de atención social que se ubicará no propio equipamento, dentro do novo modelo de descentralización dos servizos sociais que impulsa a Concellería de Xustiza Social e Coidados, "un proceso que nos fai especial ilusión, e que se pon a andar para estar máis cerca das persoas que o necesitan e para prestarlles unha maior atención". Deste xeito, desde a vindeira semana despregaranse cinco equipos de atención social, que estarán situados nos centros cívicos de San Diego, Os Mallos, Monte Alto, Labañou e Elviña. No caso dos Mallos, que como salientou o rexedor contará cun equipo "moi potente" conformado por unha traballadora social de atención inmediata, tres traballadoras sociais de referencia -para acompañamento ás persoas en situación máis complexas de vulnerabilidade-, dúas educadoras sociais, unha profesional de dirección e unha auxiliar.  

"Damos un paso moi importante cara á xustiza social na nosa cidade, aproximando a atención social dende un punto de vista territorial pero tamén máis cercana no trato porque quen traballamos co sufrimento temos que facelo dende a empatía. Foi un proceso complexo, duro, froito da reflexión colectiva e queremos agradecer al magnífico equipo de traballadoras o seu importante traballo e a colaboración", engade a edil responsable desta área, Silvia Cameán.

Ao fío, o alcalde recordou durante o Dillo ti que A Coruña "é a cidade de Galicia na que se realiza un maior gasto social, con preto de 105 euros por habitante, unha cifra moi superior a cidades como Vigo, cun gasto duns 64 euros por habitante" e fixo notar que tamén o vindeiro luns tamén se fará efectivo o traslado da UAMI --a unidade de asesoramento de persoas migrantes-- ao centro cívico dos Mallos, "para unha atención máis específica nun barrio cunha gran riqueza multicultural".

Durante o encontro, o rexedor tamén fixo repaso dalgunhas das actuacións que o Concello desenvolve nas rúas do barrio, como as obras do plan de accesibilidade do distrito dos Mallos, que contempla 529 intervencións que van dirixidas "a facer deste un barrio máis amable, sobre todo coas persoas maiores ou con mobilidade reducida", entre as que se contan accións en 276 pasos de peóns ou 17 paradas de autobus -entre elas, as da rolda de Outeiro e da avenida dos Mallos-, e 66 melloras na sinalización ou nas entradas de garaxes, entre outras. A elas súmanse actuacións xa realizadas, como a remodelación avenida da Sardiñeira -na que se renovou a calzada e as beirarrúas-, a reurbanización do tramo da rolda de Outeiro que atravesa o barrio, que se ultima estes días, as reurbanizacións das rúas Capitán Juan Varela e Monforte ou as melloras da rúa San Vicente, que como avanzou o alcalde terá continuidade coa reforma da praciña de San Vicente con Ramón Cabanillas, na primeira metade do ano que vén. En total, en actuacións que están en execución ou executadas durante o mandato, o Concello leva investidos máis de 1,8 millóns de euros. A estes traballos sumaranse en breves as obras da rúa Mariscal Pardo de Cela, "unha rúa pequena pero moi transitada, por ser entrada ao barrio desde Catro Camiños", indicou Ferreiro.

Ademais, o mandatario local lembrou outras intervencións, como as realizadas recentemente na contorna de centros escolares como o CEIP Rosalía de Castro, que van na liña doutras actuacións nas entradas de outros colexios como Fernando Wirtz ou Labaca, de cara a mellorar a seguridade do alumnado e facelos máis accesibles. A elas súmanse as melloras realizadas nas áreas de xogo infantís destes centros durante este verán.

Pola súa banda, a concelleira de Medio Ambiente, María García, anunciou que desde o martes vindeiro, o plan integral  de limpeza e coidado do espazo público A pé de barrio chegará ás rúas do Distrito 8, ao que pertence Os Mallos, para realizar unha limpeza exhaustiva, que complementa os labores diarios dos servizos municipais. Trátase, como sinalou, dunha actuación en profundidade que se leva a cabo unha vez ao ano en todos os barrios da cidade. "O ano pasado, coincidiu a chegada de A pé de barrio aos Mallos coas restricións de auga pola seca, non se podía limpar con auga, pero desta volta vaise facer e os resultados serán visibles", indicou García. A este respecto, a concelleira tamén pediu á veciñanza "que atenda os sinais e retire os coches das rúas nas datas indicadas", para facilitar o labor dos servizos municipais que interveñen neste programa.

A preguntas das persoas participantes no encontro, o concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, destacou as melloras no funcionamento do mercado de Ramón Cabanillas, no que recentemente abriron 5 postos, que se suman aos 4 que estaban operativos ao inicio do mandato e que deixa o recinto con dous únicos postos baleiros, dos once cos que conta.  Nesta liña, o edil salientou que do medio cento de postos baleiros nos mercados municipais que existían hai tres anos hoxe quedan unha ducia, despois dos dous concursos impulsados desde a súa concellería. Tamén, o responsable municipal tamén puxo en valor as ferramentas postas en marcha para dar a coñecer os mercados da cidade, desde a nova web www.coruna.gal/mercados aos perfís en redes sociais, ou as campañas de dinamizacións que promove o Concello. Preguntado polo comercio de proximidade do barrio, Lema tamén deu conta dos "moitos esforzos que se fan desde o Concello co comercio dos Mallos para mellorar o seu dinamismo e competitividade, esforzos que son necesarios e que estou seguro de que axudarán a revitalizar o sector e o comercio de barrio".

Pola súa banda, o concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, informou da demolición que acometen os servizos municipais dun inmoble en situación de ruína na Agra da Bragua, que como explicou estaba situado sobre o trazado dos futuros accesos á estación Intermodal ao seu paso polo polígono da Sardiñeira, de xeito que a súa demolición facilita a súa futura execución. Do mesmo xeito, Varela avanzou que nas próximas semanas se acometerá nunha nova demolición doutro edificio ruinoso no barrio, este na rúa Puerto Rico.

Subscrición ao boletín de actividades

Os campos marcados cun asterisco son obrigatorios

A subscrición a este boletín realizarase no idioma de navegación actual da páxina web: Galego

Política de privacidade

De acordo coa lexislación en materia de protección de datos e, en concreto, co Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, os datos persoais que vostede nos facilite voluntariamente no formulario de "Subscrición ao Boletín de actividades", serán tratados baixo a responsabilidade do CONCELLO DA CORUÑA Praza María Pita nº 1 (15001 - A Coruña), coa finalidade de ofrecer á cidadanía información a través do Portal Web do Concello, estando lexitimado polo consentimento que vostede expresamente outorga mediante a aceptación da cláusula de protección de datos, podendo vostede retirar devandito consentimento en calquera momento, sen efectos retroactivos.

Os seus datos de contacto trataranse durante o tempo que manteña a subscrición ou exerza o seu dereito de cancelación ou oposición.

Igualmente informámoslle que ten dereito a solicitar á persoa responsable do tratamento, en calquera momento, o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento. p>< p>Tamén terá dereito a opoñerse ao devandito tratamento, así como a solicitar, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidad dos seus datos. Devanditos dereitos poderá exercelos mediante solicitude remitida á seguinte dirección: Rexistro de entrada municipal Praza Mª Pita nº 1, con referénciaa "protección de datos", a través dun escrito asinado para o efecto, achegando unha fotocopia do seu Documento Nacional de Identidade.

Igualmente poderá dirixir dita solicitude directamente á persoa Delegada de Protección de Datos, cuxa identidade.

Así mesmo, vostede ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos ( AEPD).

Marca o seguinte cadro para aceptar a política de privacidade *

  • Concello da Coruña
  • Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.
  • Plan avanza
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?