Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Servizos Sociais

Cando:

30 de outubro de 2018

O Concello constitúe o Consello Local da Saúde xunto a 28 entidades da cidade do ámbito da saúde e representación de todos os grupos da corporación municipal

O alcalde destaca a importancia deste órgano consultivo posto en marcha polo goberno local “que servirá para desenvolver políticas sanitarias e de prevención dentro do marco da administración local, así como debater sobre asuntos capitais, como a ampliación e as necesidades actuais do Chuac”

O pazo de María Pita acolleu esta mañá a constitución do Consello Local da Saúde, un ente de carácter consultivo, que supón un avance na consolidación da Coruña como cidade saudable. Presidido polo alcalde, Xulio Ferreiro, e integrado por distintas entidades do ámbito da saúde, ten como obxectivo crear un novo espazo de participación e debate no que acordar e impulsar propostas neste ámbito, así como poñer en marcha accións orientadas á mellora da calidade de vida da cidadanía. Impulsado polo goberno local e, en concreto, pola Concellería de Xustiza Social e Coidados, o Consello da Saúde conta neste momento coa adhesión de 28 asociacións e federacións do ámbito socio-sanitario, ademais da representación do goberno local e do resto de formacións con representación na corporación municipal. O rexedor salientou ante os medios que este novo órgano "debe servir como lugar de encontro e de diálogo para o deseño de políticas, especialmente de prevención que é o onde temos máis competencias, pero tamén como foro no que traer discusións sobre temas capitais como, por exemplo, a solución máis acaída para a necesaria ampliación do Chuac ou as súas necesidades actuais ".

Ferreiro tamén destacou o feito de que a iniciativa do Consello Local da Saúde "obtivo unha gran resposta dende o primeiro día por parte das entidades socio-sanitarias da cidade así como polo resto de formacións políticas con representación na corporación". "Hai asuntos de cidade nos que é necesario que todos rememos do mesmo lado, a saúde é un deles", apuntou.

Cidade de Coidados

Pola súa banda e durante o acto de constitución, a concelleira de Xustiza Social, Silvia Cameán, salientou que o Consello Local da Saúde é un novo paso dentro da liña de actuación posta en marcha polo goberno local para promover e protexer a saúde o benestar da veciñanza de cara "á consolidación da Coruña como unha Cidade Saudable, unha cidade que coida de todas as persoas que viven nela". "Neste tempo implementamos unha Renda Social Municipal que permite cubrir as necesidades básicas das persoas, melloramos o plan de prevención de drogodependencias mediante a posta en marcha de novas accións comunitarias como Educación na rúa ou a permuta de sancións a menores por consumo de alcohol por cursos de sensibilización, incrementamos os programas educativos que traballan hábitos saudables e abrimos os patios dos colexios en período non lectivo para fomentar o deporte e outras alternativas saudables", enumerou. "Fixemos moitas cousas, pero debemos seguir facendo, xa que a nosa cidade necesita que sigamos construíndo ferramentas e facendo camiño. Temos grandes retos, como o forte envellecemento ou a saúde mental e debemos afrontalos dende a coordinación coa rede sanitaria e socio-sanitaria", indicou, á vez que recordou que o Consello Local da Saúde queda suxeito á incorporación de máis colectivos, se así o solicitasen.

Ademais de representantes do goberno local e do resto de formacións da Corporación, o Consello Local de Saúde quedou constituído coa participación dos sindicatos CCOO, UGT, CIG e CSIF, ademais da Facultade de Ciencias da Saúde e de Fisioterapia da UDC, os colexios oficiais de Fisioterapeutas de Galicia, o de Farmacéuticos,  Médicos, Odontólogos e Estomatólogos da Coruña, Traballo Social e Psicoloxía de Galicia, Cruz Vermella, Asociación de Bulimia e Anorexia da Coruña, Asociación de Axuda a Familiares de Drogodependentes, Asociación de Nenos con Déficit de Atención e Hiperactividade, Asociación Cidadá de Loita contra a Droga, Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas, Asociación Parkinson Galicia, Asociación Galega de  Fibrosis Quística, Asociación Coruñesa de Epilepsia, Asociación Pro Enfermos Mentais da Coruña, Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer, Liga Reumatolóxica Galega, Agalure, Asociación Coruñesa de Fibromialxia e Fatiga Crónica e Sos Sanidade Pública.

Subscrición ao boletín de actividades

Os campos marcados cun asterisco son obrigatorios

A subscrición a este boletín realizarase no idioma de navegación actual da páxina web: Galego

Política de privacidade

De acordo coa lexislación en materia de protección de datos e, en concreto, co Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, os datos persoais que vostede nos facilite voluntariamente no formulario de "Subscrición ao Boletín de actividades", serán tratados baixo a responsabilidade do CONCELLO DA CORUÑA Praza María Pita nº 1 (15001 - A Coruña), coa finalidade de ofrecer á cidadanía información a través do Portal Web do Concello, estando lexitimado polo consentimento que vostede expresamente outorga mediante a aceptación da cláusula de protección de datos, podendo vostede retirar devandito consentimento en calquera momento, sen efectos retroactivos.

Os seus datos de contacto trataranse durante o tempo que manteña a subscrición ou exerza o seu dereito de cancelación ou oposición.

Igualmente informámoslle que ten dereito a solicitar á persoa responsable do tratamento, en calquera momento, o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento. p>< p>Tamén terá dereito a opoñerse ao devandito tratamento, así como a solicitar, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidad dos seus datos. Devanditos dereitos poderá exercelos mediante solicitude remitida á seguinte dirección: Rexistro de entrada municipal Praza Mª Pita nº 1, con referénciaa "protección de datos", a través dun escrito asinado para o efecto, achegando unha fotocopia do seu Documento Nacional de Identidade.

Igualmente poderá dirixir dita solicitude directamente á persoa Delegada de Protección de Datos, cuxa identidade.

Así mesmo, vostede ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos ( AEPD).

Marca o seguinte cadro para aceptar a política de privacidade *

  • Concello da Coruña
  • Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.
  • Plan avanza
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?