Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de decembro de 2017

XIX edición do encontro Música no Nadal

Ademais das corais dos centros cívicos municipais participarán corais de diversas entidades da cidade.

No acto intervirán as corais que se enumeran a continuación:

  • Coral Breogán, da asociación cultural de persoas cegas e con discapacidade visual da ONCE- A Coruña.
  • Coral Saraiba, do centro cívico municipal Os Mallos
  • Coral Allegro ma non troppo, do centro cívico municipal de Monelos
  • Coral Arumes, do centro cívico municipal de Monte Alto
  • Coral Airiños de San Fernando, do centro cívico municipal de Feáns
  • Coral Polifónica da Casa do Mar
  • Coral Cantores de San Diego, do centro cívico municipal de San Diego
  • Coral do Club do Mar de San Amaro
  • Coral do centro cívico municipal do Castrillón

O acto terá lugar no centro municipal Ágora, o mércores 20 de decembro ás 18.00 h.

Para acceder ao acto será necesario presentar unha invitación, que pode retirarse, o mesmo día 20 de decembro, a partir das 16.00 h no Centro Ágora. As invitacións son gratuítas e repartiranse por orde de chegada, ata completar a capacidade, momento no que se pechará o despacho de billetes.

Repartiranse un máximo de catro invitacións por persoa.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión