Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de abril de 2024

Bolsas comedor para o curso escolar 2024/2025

O prazo para a solicitude das bolsas de comedores escolares irá desde o día 17 de abril ata o 8 de maio, ambos incluídos.

Publicouse no Boletín Oficial da Provincia a convocatoria de bolsas comedor para o curso escolar 2024/2025.

A solicitude específica, os anexos e o resto de documentación esixida na convocatoria poderán presentarse nos rexistros municipais, no rexistro telemático da sede electrónica municipal, así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, do 17 de abril ao 8 de maio de 2024.

Os impresos estarán dispoñibles nas oficinas de todos os rexistros municipais, nos centros cívicos municipais, e na sede electrónica.

A solicitude realizarase a nome da persoa beneficiaria (alumna/o), debendo asinar a solicitude a persoa que represente legalmente á alumna ou alumno, no caso de que sexa menor de idade.

O trámite completo, cos anexos que hai que presentar, atópase nesta ligazón Bolsas comedor (coruna.gal) As bases da convocatoria atópanse na lapela "Sobre o procedemento" e os documentos atópanse na pestana "Presentación".

Ademais, para facilitar a presentación de solicitudes e a resolución de dúbidas sobre a convocatoria, realizaranse sesións informativas nos centros cívicos municipais nas seguintes datas:

24 de abril, mércores, centro cívico Os Mallos ás 18.00 h

25 de abril, xoves, centro cívico Mesoiro ás 20.00 h

26 de abril, venres, centro cívico Monte Alto ás 11.30 h

30 de abril, martes, centro cívico San Diego ás 10.30 h

Todas as listaxes obxecto de publicación (requirimento de corrección, listaxe provisional ...) identificarán a solicitude do alumnado atendendo ao código do seu expediente individual.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión