Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programa de fomento da igualdade de oportunidades

Obxecto:

A finalidade última é afianzar as bases dunha sociedade na que prime a convivencia en igualdade entre mulleres e homes, promovendo desde a infancia que ambos poidan desenvolverse e relacionarse libres de prexuízos e estereotipos de xénero.

Obxectivos xerais do programa:

  • promover a igualdade de xénero no ámbito educativo, tanto formal como non formal, incidindo na importancia de que se transmita unha imaxe plural e non estereotipada das mulleres e dos homes e analizando de modo crítico as mensaxes e imaxes que se transmiten das nenas, mozas e mulleres adultas a través de diferentes medios.
  • impulsar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral e a corresponsabilidade social e familiar, cuestionando a dobre xornada ou dobre presenza das mulleres e promovendo unha participación equilibrada de nenos e nenas nos traballos domésticos e de coidados.
  • mobilizar a concienciación cidadá a favor da igualdade efectiva entre mulleres e homes en todos os ámbitos do desenvolvemento humano: persoal, familiar, social e laboral.
  • relacionado co anterior obxectivo, impulsar o compromiso social cun modelo de relacións humanas máis equitativo e beneficioso para a sociedade.

A quen vai dirixido?:

  • Infancia, adolescencia e mocidade
  • Profesorado e profesionais que traballan directamente con poboación adolescente e nova
  • Cidadanía en xeral

Recursos materiais:

  • Recursos didácticos especializados:
    • elaborados e/ou promovidos polo equipo técnico do Centro de Información ás Mulleres
    • elaborados por outras institucións ou entidades
  • Material audivisual
  • Material de apoio para o desenvolvemento dos talleres

Recursos humanos:

  • Equipo interdisciplinar do Centro de Información ás Mulleres
  • Profesionais dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado (Policía Nacional)
  • Profesionais especializados na materia de entidades sociais ou empresas

Organiza:

O Concello en colaboración con institucións, entidades sociais, empresas

Requisitos:

Persoas residentes no termino municipal da Coruña.

A cidadanía en xeral.

Este programa contempla dúas prestacións encamiñadas á construción de novas formas de entender as relacións entre homes e mulleres.

O programa de fomento da igualdade fai fincapé nos seguintes aspectos:

  • Nos valores, actitudes e estereotipos que sustentan un clima social tolerante coa desigualdade entre homes e mulleres.
  • En visibilizar e recoñecer o importante papel desempeñado polas mulleres en diferentes ámbitos.
  • En reflexionar, debater e visibilizar a discriminación de xénero máis extrema, a violencia contra as mulleres e contra os seus fillos e fillas.
  • En traballar específica e directamente coa poboación infantil, adolescente e moza.
  • En desenvolver actuacións conxuntas co profesorado (se é o caso, con outros profesionais) de tal modo que poida intervir co seu alumnado incorporando transversalmente contidos de igualdade nas súas respectivas materias.
  • En informar, sensibilizar e promover a participación proactiva da cidadanía na consecución da igualdade de trato e oportunidades entre homes e mulleres e, polo tanto, na prevención e actuación contra a violencia de xénero.

É un programa que se leva a cabo desde a Concellaría de Igualdade e Diversidade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión