Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Tecendo litoral

Preguntas frecuentes

Nesta páxina iremos engadindo as preguntas frecuentes sobre o concurso.

OBXECTO DO CONCURSO DE IDEAS

O obxecto deste concurso é xerar ideas e fomentar o debate público e cidadán sobre os terreos do porto da Coruña, desde o dique de abrigo ata o peirao de Oza para desenvolver un futuro plan director baseado no consenso cidadán coordinado por un técnico competente en ordenación do territorio.

Proponse un concurso no que no canto dunha única proposta gañadora coas súas forzas e debilidades, a cidade gañe coa pluralidade de cinco propostas finalistas seleccionadas por un xurado e votadas pola cidadanía para poder ter ideas plurais e diversas que teñan un efecto multiplicador á hora de repensar os terreos portuarios. Esta votación cidadá, que se desenvolverá a través da plataforma de participación www.aportaaberta.coruna.es , estará centrada na votación dos principios de actuación da propia convocatoria para poder concluír como responden cada unha das propostas finalistas aos retos expostos no informe do proceso de investigación Tecendo Litoral e que están recollidos nesta convocatoria pública do concurso de ideas.

Quen pode participar?

Todas as persoas empadroadas na Coruña e maiores de 16 anos poderán participar nos debates e votar as propostas. Deberán facelo nesta mesma páxina web www.aportaaberta.coruna.es, sendo necesaria a verificación dunha conta de persoa usuaria que requerirá os seguintes datos: nome e apelidos, data de nacemento, número de DNI, código postal, un enderezo de correo electrónico e un teléfono (este último dato non é obrigatorio).

Se xa participaches anteriormente no programa de Orzamentos Participativos non terás que verificar a túa conta de persoa usuaria pois xa a tes activa na plataforma.

Se esqueciches o teu nome de usuario ou a túa contrasinal, ou precisas solucionar outros problemas de acceso, ponte en contacto con nós chamando ao 010 ou a través do correo participacion@coruna.es

Tanto durante a fase de debate como na fase de votación das cinco propostas seleccionadas, estarán habilitados tres puntos de información, atención presencial e apoio á participación, ubicados en:

  • Pazo Municipal de María
  • Centro Ágora.
  • Fórum Metropolitano.

As persoas que prefiran participar neste concurso de ideas con apoio persoal directo, poderán acudir á calquera destes tres puntos de apoio presencial, que estarán dispoñibles de luns a sábado pola mañá de 10:00 h a 14:00 h e pola tarde de 16:00 h a 20:00 h.

Ademáis, poderán tamen acudir, no seu horario de apertura habitual, ás Bibliotecas Municipais da Coruña, o CMIX  e os Centros Cívicos Municipais, onde atoparán información sobre o proceso e recibirán apoio necesario para garantir a participación de xeito rápido e sinxelo.

Cales son as fases do concurso de ideas?

  1. Presentación de propostas.
  2. Preselección de 5 propostas.
  3. Fase de debate cidadán.
  4. Exposición pública.
  5. Fase de votación cidadá.

PRESELECCIÓN

Tras finalizar o prazo de presentación de propostas para a ordenación do bordo litoral da cidade, o xurado conformado para o concurso de ideas seleccionóu as cinco propostas finalistas, sobre as que a cidadanía poderá debatir e votar.

FASE DE DEBATE CIDADÁN

Nesta fase, que comezará a partir do 7 de xaneiro, a cidadanía pode debater, a través da plataforma de participación www.aportaaberta.coruna.es  sobre as cinco propostas finalistas seleccionadas polo xurado, así como coñecer o resto de propostas presentadas ao concurso.

Para participar no debate deberás entrar na plataforma de participación e acceder ao proceso "Tecendo litoral", onde se atopan as cinco propostas coa súa correspondente descrición e imaxes.

A plataforma ofrece un espazo de debate de cada una das propostas, que estará aberto durante un mes, antes da fase de votación.

EXPOSICIÓN PÚBLICA

As cinco propostas finalistas serán presentadas públicamente e mostraranse nunha exposición pública no Pazo Municipal de María Pita coa información detallada para o coñecemento da cidadanía. 

FASE DE VOTACIÓN CIDADÁ

Nesta última fase a cidadanía da Coruña pode votar as cinco propostas finalistas, sempre a través da plataforma de participación www.aportaaberta.coruna.es, outorgando unha puntuación (de 1 a 5 puntos) a cada un dos cinco apartados de cada proposta:

  1. - Integración urbana entre porto e cidade: Valorarase a combinación e distribución dos usos propostos e a recuperación da relación entre a cidade, o porto e o mar, así como a integración de espazos libres e equipamentos públicos, a compensación dos déficits dotacionais actuais e a reutilización e posta en valor do patrimonio existente no ámbito.
  2. Mobilidade e accesibilidade: Valorarase a mellora da mobilidade na actual fronte urbana, o tratamento do porto como intercambiador de transporte e a reprogramación da actual infraestrutura ferroviaria de San Diego, para o que se terá en conta o proxecto de estación intermodal previsto en San Cristóbal.
  3. - Sustentabilidade: Valorarase a conexión co corredor verde da Ría do Burgo e a infraestrutura verde metropolitana, así como a integración dos principios da economía circular e a eficiencia enerxética, a resiliencia ante os efectos do cambio climático e a reciclaxe das instalacións e servizos existentes.
  4. - Modelo económico: Valorarase o mantemento e a mellora dos usos pesqueiros e a introdución de novas actividades limpas e xeradoras de emprego e riqueza para a cidade e a súa área metropolitana, baseadas na innovación e nas economías verde e azul.
  5. - Participación cidadá: Valorarase o carácter democratizador e o protagonismo cidadán tanto nos usos, equipamentos e actividades propostas como nos procesos de transformación dos terreos.

A Concellaría de Participación e Innovación Democrática coordinará todo o proceso e, finalizado este, publicará os resultados.

Imaxe gráfica
  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?