Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Tecendo litoral

    Tecendo litoral

    A Coruña vive un momento histórico

    Nos próximos anos pódense recuperar para a cidadanía máis de 430.000 metros cadrados nos peiraos, abrindo a oportunidade de pensar que queremos para eses terreos, rearticular a relación da cidade co mar e tecer un novo horizonte litoral que se traduza en máis e mellores espazos e equipamentos para a cidadanía e no impulso da economía metropolitana e a creación de emprego e riqueza.

    TECENDO LITORAL é o proceso que lanza o Concello da Coruña para dar resposta ás interrogantes que se abren sobre o futuro dos peiraos e da cidade, apoiado na participación dos axentes clave neste tema e a voz cidadá.

    Nesta web atoparás toda a información sobre a investigación que se está levando a cabo, o foro no que se compartirán e debaterán as principais conclusións e documentación relativa aos terreos portuarios e á súa xestión.

    SAÚDO DO ALCALDE

    Xulio Ferreiro, alcalde da Coruña

    A Coruña é unha cidade incomprensible sen o mar. A nosa condición mariña e portuaria, ademais dun motor económico fundamental ao longo da historia que o debe ser tamén no futuro, é un dos eixes vertebradores, talvez o principal, da nosa configuración urbana, da nosa composición social, da nosa cultura e da nosa identidade. E a desexada recuperación dos terreos portuarios para a cidade é ao mesmo tempo un desafío e unha oportunidade histórica. As decisións que tomemos hoxe marcarán as próximas décadas, a cidade que queremos ser, e definirán, para sempre, a nosa relación co mar.

    Ler+

    Algo así só podemos decidilo en común. Sumando todas as voces. Desde logo, sen deixar de lado as veciñas e os veciños da cidade. Sen deixar de lado A Coruña, que se xoga o seu futuro e o seu dereito a decidir, e que nin pode nin vai deixar que sexan outros, desde fóra, os que condicionen a súa transformación con intereses que nada teñen que ver cos da cidadanía. En maio do ano pasado, máis de 4.000 persoas dixérono claro na manifestación en defensa do porto: fóra a especulación, queremos garantir a titularidade e a xestión pública dos terreos a través dun mecanismo, dun consorcio, que sexa capaz de impulsar, desde a cooperación entre administracións, unha solución global.

    Arrincamos este proceso de diálogo e investigación coa vontade de sumar e coa certeza de que a recuperación e transformación da nosa fachada atlántica é a chave para abordar os retos que A Coruña, á cabeza da súa área metropolitana, ten por diante. Desde a mellora da mobilidade, a construción de novos equipamentos públicos ou a ampliación do espazo público e as zonas verdes ata o imprescindible impulso á actividade económica e á creación de emprego. Agora depende de nós. De todos e todas nós.

    Xulio Ferreiro, alcalde da Coruña

    Próximos eventos

    • Palexco

      Foro cidadán Tecendo Litoral

      Cando:

      Dende o 27/04/2018 ata o 28/04/2018

      Horario:

      De 09:30 a 20:00h

      Enderezo:

      Peirao de Transatlánticos. 15003 A Coruña

    Eventos tecendo litoral

    Conta atrás

    • Concello da Coruña
      • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
      • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
      • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

    ?