É un cambio da persoa titular da licenza de apertura dun local de hostalería. Consiste na transmisión pola persoa titular dunha licenza a unha terceira interesada en continuar co exercicio da mesma actividade no local para o que se concedeu. Para iso, a licenza ten que estar vixente e a actividade exercéndose, e debe ser a mesma actividade e no local de que se trate a pretendida pola persoa adquirente.
A documentación pódese presentar ademais de na Área de Urbanismo en calquera outro rexistro municipal, así como en todos aqueles que establece o art. 38.4 da Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Onde se fai?
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible