29 de abril de 2019
Aberto o prazo para participar na consulta previa ao inicio do procedemento de aprobación dun regulamento para a adxudicación de vivendas destinadas pola empresa EMVSA a colectivos con dificultades de acceso á vivenda.
De acordo co previsto no artigo 133 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, e co obxectivo de mellorar a participación da cidadanía no procedemento de elaboración de normas, procédese a publicar o texto da iniciativa, coa finalidade de recoller a opinión e as aportacións da cidadanía, organizacións e asociacións sobre os problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa, os obxectivos da norma e as solucións propostas.
Enlace de descarga:
Ábrese un prazo ata o día 14 de maio de 2019 para recibir as opinións, valoracións, suxerencias ou consideracións sobre os aspectos propostos neste documento, que deberán ser remitidas a través do seguinte correo electrónico: rehabilitacionvivenda@coruna.es
O 20/05/2024 finaliza o prazo de presentación do IAE para todos os inmobles que na data 12/04/2022 estivesen catalogados ou tivesen máis de 50 anos.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible