A Ciencia a Tecnoloxía da Luz elaborada por Igaciencia para contribuír á celebración do Ano Internacional da Luz e das tecnoloxías baseadas na Luz, así declarado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas para o ano 2015, coa finalidade de achegar á sociedade galega, en especial á xente nova, a importancia da luz a as súas tecnoloxías na vida diaria e de fomentar vocacións científicas.
público en xeral
Para público en xeral
Dende o 26/09/2016 ata o 30/09/2016
Xa rematou
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
A Ciencia e a Tecnoloxía da Luz é unha actividade de carácter divulgativo, lúdico e interactivo que está formada por varios carteis e mesas temáticas con experiencias e material manipulativo.
Así, consta de:
-Tres liñas de carteis.
Uns enfocados a facilitar a comprensión e o coñecemento científico e aportar a visión da construción da ciencia como unha tarefa colectiva, unha construción humana progresiva e non como un conxunto de verdades reveladas e, tamén, do papel da experimentación no avance do coñecemento científico e o papel dos modelos e as aplicacións das propiedades da luz.
Outros, orientados a favorecer o papel da luz no coñecemento e investigación espacial, presentarán un panorama das ondas electromagnéticas e das súas aplicacións no dominio espacial. Para esta parte contamos coa colaboración do CNES -CENTRE NATIONAL D'ÉTUDES SPATIALES- Toulouse.
E outros analizan e explican fenómenos relacionados coa luz tanto cotiáns como de gran impacto futuro.
-Módulos de experiencias que exploran a ciencia e a tecnoloxía que xira ao redor da Luz e que podemos clasificar baixo os seguintes epígrafes.
Luz e informática. Programas explicativos
Sundials ou Reloxos de Sol. Código de barras. Lendo e creando códigos de barras de diversos tipos.Espellos, Lentes. Números e cores. Google cardboards para ver realidade virtual, realidade aumentada e 3d.
Luz e tecnoloxía
Portas de luz láser. Fotografía a alta velocidade. Luz e Arduino: 10 exemplos. Luz e robótica e informática con EV3. Robot que segue unha determinada liña co sensor de luz. Movemento con potencia proporcional á intensidade da luz que recibe. Moverse cara a luz. ..
Luz e Arte
Ideas sobre a visión e a percepción da cor que marcaron todo un século da arte pictórica. Ilusións ópticas. Anamorfismo.
Luz e Astronomía
Sextante, medida da Terra de Eratóstenes, cartel xigante de Historia da Astronomia
Luz e xeometría
Viaxe cara ao infinito, multiplicador de imaxes, periscopio, caleidoscopio...
Luz e Matemáticas
O principio de Fermat, medir as alturas con espellos (Euclides), medir con luz, simetrías con espellos, caleidoscopios poliédricos,,,....
Luz e cultura, As festividades anuais celtas, Día e noite, Os deuses do Sol e da Luz...
Luz e percepción. Varios experimentos están relacionados co funcionamento do ollo, de como este recolle a luz e a procesa. Outros tratan a visión tridimensional e a súa simulación a partir de figuras bidimensionais.
Luz e física. Experimentos de Newton, a espectroscopia, os discos CD e DVD con lectura láser, os láseres, a luz coherente, onda e partícula, os buracos negros, relatividade e luz, etc ,etc
Dende o 10/04/2024 ata o 21/05/2024
Dende o 19/01/2024 ata o 30/06/2024
Dende o 20/06/2023 ata o 30/06/2024
Dende o 15/03/2024 ata o 14/07/2024
Dende o 23/04/2024 ata o 21/07/2024
Dende o 22/03/2024 ata o 01/09/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible