Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de abril de 2018

O goberno local referenda o seu compromiso coa celebración de actividades sustentables ao incluír medidas de redución do impacto ambiental no Maratón Coruña42

A Concellería de Medio Ambiente recolleu 1.220 kg correctamente separados de residuos orgánicos, inorgánicos e de cartón na pasada edición da proba, que forma parte do Plan municipal de Eventos Sostibles

A VII edición do Maratón Atlántica, que se celebrará o vindeiro domingo 15 de abril, incidirá na súa aposta pollo coidado do medio ambiente. A proba forma do Plan de Eventos Sostibles do goberno local, que ten como obxectivo mellorar a xestión dos eventos festivos con grande concrentración de persoas e recursos para diminuír o seu impacto ambiental, un proxecto do que tamén forman parte propostas como San Xoán ou as Festas de María Pita. Así, o executivo municipal introduce, un ano máis, o criterio da sustentabilidade á hora de deseñar Coruña42 e a proba popular 10K, carreiras nas que participarán, en total, máis de 2.240 persoas. O dispositivo inclúe medidas vinculadas á prevención e sensibilización ambiental tanto das e dos participantes como da cidadanía que se achegue ao circuíto, así como da redución das emisións provocadas pola celebración do evento, entre outras propostas. O traballo realizado o ano pasado entre as áreas de Deporte e de Medio Ambiente permitiu recoller un total de 760 kg de residuos inorgánicos, 280 kg de materia orgánica e 180 de cartón.  

De cara a esta edición do Maratón Atlántica, subministraranse un total de 84 contedores, dos cales 27 serán para residuos orgánicos, 49 para materia inerte e 8 de cartón. Cada colector estará perfectamente identificado para facilitar que as persoas participantes poidan separar correctamente os residuos á hora de depositalos durante a celebración da carreira, na que o persoal voluntario do Servizo Municipal de Deportes así como dos clubs de atletismo da cidade colaborarán coa difusión da proposta. Ademais, os contedores, que se colocarán adaptados coa tapa aberta para facilitar o depósito do lixo, distribuiranse entre os diferentes puntos de avituallamento --situados cada cinco quilómetros, aproximadamente-- e a súa contorna, así como na praza de María Pita, na que estará situada a meta. Neste mesmo espazo proxectarase unha peza audiovisual na que se lembrará á cidadanía a importancia de separar, axeitadamente, os residuos.

Outra das iniciativas dirixidas á redución do impacto ambiental é a posta á disposición das e dos participantes dun autobús co obxectivo de reducir o uso do vehículo privado durante a xornada. O  bus sairá ás 07.15 horas da área comercial de Marineda cara a Porta Real, e realizará paradas nun percorrido que inclúe hoteis, aparcadoiros ou paradas do transporte público. Así, ao saír de Marineda, o autobús pasará por Gambrinus, 14 --fronte ao Hotel Ibis Sytles--, avenida Alfonso Molina --á altura do Coliseum--, e a glorieta de acceso ao polígono de Pocomaco --xunto aos hoteis AC e Attica21 Matogrande--. O vehículo realizará unha segunda parada en Alfonso Molina, á altura da Estación de Autobuses, e na Costa da Palloza, antes de dirixirse cara a Porta Real, punto ao que chegará, aproximadamente, contra as 08.05 hoas da mañá. Ao finalizar tanto a carreira de 10K como o Maratón Atlántica, o autobús realizará dúas viaxes --ás 12.00 e ás 14.00-- nas que realizará un percorrido similiar á ruta de ida, pero en sentido inverso.

Os horarios das paradas do bus, no itinerario de ida, pódese consultar na páxina web municipal do Maratón, na 'Zona do atleta'. 

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión