Edificio dos betilos
O Mediterráneo chega a Elviña
Contamos con moitas evidencias materiais que indican un estreito vínculo con pobos alén da fin do mundo que supoñía, para moitos pobos, o mundo atlántico. Son moitas as evidencias materiais representativas: contamos con moitas evidencias de ánforas vinarias procedentes da área da Bética, cerámica fina de verniz negro (ou campanense) procedente de áreas itálicas, kalathoi e askoi do Levante mediterráneo... Por se fose pouco, un edificio relixioso como o Edificio dos Betilos sinala, precisamente, o valor das interaccións entre Elviña e outras culturas durante a Idade do Ferro.
Froito desas relacións, así como das dinámicas internas propias do castro, é posible que Elviña tivese unha situación predominante, quizais mesmo controlando as relacións cos castros da contorna. É posible que xacementos, como o documentado na Idade do Ferro da península coruñesa, fosen directamente dependentes de Elviña, neste caso, como un espazo de intercambio e consumo de produtos. Queda por saber se castros como Santa Cristina, Nostián, Os Castros ou Rutis tiveron unha relación semellante.
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible