Normando no tapiz de Bayeux, procedente do arquivo de Wikipedia.
A chegada das invasións bárbaras
Entre os séculos IX e XI Galicia asistiu a unha serie de invasións de pobos normandos que, desde o norte de Europa, acosaron as pequenas poboacións das costas galegas.
O primeiro contacto físico descrito recóllese na Crónica Rotense, que sinala como Ramiro I congregou un grande exército no lugar de Faro de Brigantium (A Coruña) para lle plantar batalla á frota normanda, "xente ata entón descoñecida, pagá e moi cruel". Segundo a crónica, morreron moitos piratas e arderon máis de 60 barcos. Por outra banda, a Crónica Silente achega mesmo o dato de 70 barcos destruídos.
Os ataques normandos, que continuaron durante estes séculos e centráronse nas sucesivas incursións nas Rías Baixas, tiveron como consecuencia o abandono temporal das poboacións expostas, cuxos habitantes ían refuxiarse ao interior.
Deste xeito, a poboación do Faro de Brigantium repregouse cara ao Burgo a comezos do século X, e non se restablecería ata o século XII. Nese tempo, Afonso IX contribuiría á recuperación da futura A Coruña.
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible