Concello da Coruña

Concello da Coruña

Fotografía aérea da Casa da exedra e o acceso sueste da muralla á acrópole.

A casa da exedra

Un espazo construído e reconstruído

Trátase dunha das edificacións máis coñecidas do castro, que reflicte moitos dos cambios que sufriu o poboado ao longo dos séculos.

En orixe, neste espazo existían dúas construcións circulares de época castrexa. Estas estancias, quizais relacionadas coa primeira fase de ocupación e coa muralla antiga do castro, foron posteriormente destruídas para edificar unha construción alongada, da que formaría parte a famosa estancia "abovedada" que tanto intrigou a Luís Monteagudo e que lle deu nome ao edificio. En época galaicorromana, esta grande estrutura foi reconstruída e dividida en estancias interiores, sendo posteriormente modificada en época tardorromana.

Non é sinxelo aproximarnos á súa funcionalidade, pois a sucesión de reformas e cambios na súa orientación dificulta unha comprensión correcta do edificio.

A falsa cúpula

Non se sabe moi ben cal foi a función da cabeceira semicircular deste edificio. A cabeceira aproveita as bases da primeira vivenda indíxena, e ten as paredes inclinadas cara ao interior, co que simula un teito abovedado.

As cúpulas de pedra non son un elemento común na arquitectura dos castros, polo que se pensa que poida tratarse dunha falsa cúpula, formada por muros abovedados, pero pechada na parte superior cunha laxa disposta horizontalmente, similar aos fornos das casas tradicionais. Este feito resulta moi curioso, pois unicamente se coñece un tipo de edificio da Idade do Ferro que presente construcións en falsa cúpula: as saunas. Puido a Exedra, nalgunha das súas primeiras fases, ser unha sauna? Dunha forma ou outra, este espazo foi reutilizado posteriormente, en época galaicorromana, como forno ou almacén.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xuño - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 31 de maio)

Domingos ás 12.00 h

Contacto

RESERVA PREVIA no teléfono do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión