Concello da Coruña

Concello da Coruña

Unha visión conxunta do castro

Homoxeneizando o Castro de Elviña (2013-2018)

Tras a finalización do Proxecto Artabria, realizáronse dúas grandes intervencións no Castro de Elviña (2013-2014 e 2017-2018). Ambas as actuacións, deseñadas desde o Concello da Coruña por un equipo coordinado polo arqueólogo municipal Marco Rivas Nódar, tiñan dous obxectivos principais: finalizar as áreas de escavación anteriormente inacabadas ou que requirían profundar na súa investigación, e establecer unha visión do castro conxunta e homoxénea que facilitase o seu posterior posta en valor e a comprensión por parte do público visitante.

A primeira intervención foi realizada en 2013 baixo a dirección de Fidel Méndez Fernández. Centrouse en dúas zonas: a área oeste e sur da primeira terraza exterior da croa, centrada especialmente na área de produción metalúrxica, e o sector suroeste da última terraza defensiva. Precisamente, nesta área documentouse o elemento máis significativo: o inicio do acceso exterior, definido por dous torreóns que flanquean un camiño pavimentado que dá entrada ao castro.

Entre 2017 e 2018, realizouse a última gran campaña de escavación no Castro de Elviña, baixo a dirección de Luís Francisco López González. O seu principal obxectivo foi a uniformización de todos os espazos previamente escavados, avaliando o estado de todas as estruturas non consolidadas e procurando que o conxunto arqueolóxico conservado representase parte da súa monumentalidade orixinal. Neste sentido, os traballos centráronse na reescavación de estruturas xa coñecidas e na restauración e consolidación. Con todo, tamén se interviñeron dúas zonas novas: a área sueste da croa (previamente escavada por Felipe Senén López Gómez) e o acceso exterior escavado na anterior campaña. No primeiro caso, finalizouse a escavación iniciada décadas atrás polo antigo director do Museo, identificando o Edificio dos Betilos. No segundo, continuouse coa exhumación do sistema de acceso, ofrecendo unha nova visión que indicaba un sistema de acceso aínda máis complexo do inicialmente esperado.

Ambas as campañas de intervención suporían o fin (ata hoxe) das grandes intervencións arqueolóxicas no castro, dando paso a unha nova fase de intervencións localizadas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xuño - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 31 de maio)

Domingos ás 12.00 h

Contacto

RESERVA PREVIA no teléfono do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión