Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

2 de xaneiro de 2019

A cuarta edición da iniciativa de fomento da economía circular Casa dos Xoguetes duplica a entrega destes agasallos respecto ao pasado ano

Na caseta situada na praza de María Pita recibíronse 4.663 doazóns de produtos para nenos e nenas de ata 14 anos, dos que foron repartidos 2.582. Os xoguetes restantes serán entregados a entidades sociais da cidade

A cuarta edición da iniciativa solidaria e de fomento da economía circular Casa dos Xoguetes acadou este Nadal as súas cifras máis altas de participación, que dobran as rexistradas no pasado ano. Dende que a porta comezou a recollida destes agasallos, o 12 de novembro, ata o seu peche no primeiro día do ano doáronse 4.663 xoguetes, o que supón un aumento do 68% respecto do pasado ano. Deles 2.582 foron recollidos na caseta que esta iniciativa ocupou na praza de María Pita e que suman máis do dobre que no Nadal de 2017. Os xoguetes restantes serán entregados a entidades da cidade, como lembra o edil de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, quen salienta a consolidación dunha iniciativa da Oficina Municipal de Información ás Persoas Consumidoras (OMIC) "que vén impulsar outra maneira de enfocar as festas, con accións que fomenten a reutilización dos xoguetes e que, polo tanto, contribúan a unha economía circular". No pasado ano, a Casa dos Xoguetes recolleu 2.776 doazóns e entregou 1.245 agasallos.

A Concellería de Emprego e Economía Social ofrece con esta iniciativa, que celebrou este ano a súa cuarta edición, a posibilidade de que a veciñanza, a través da campaña Comparte a túa estrela, realice doazóns desinteresadas de produtos deseñados ou previstos para seren utilizados con fins de xogo por nenas e nenos de até 14 anos. Posteriormente, os xoguetes entréganse de maneira gratuíta a outras e outros menores durante o Nadal, na tenda solidaria que se sitúa na praza de María Pita. Os produtos entregados reúnen sempre boas condicións de hixiene e de estado, ademais de ser seguros. Ademais, búscase que, na medida do posible, os xoguetes sexan sostibles e non consuman pilas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión