Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Centro Municipal de Empresas

Instalacións

Despachos

Despachos

Existen 12 despachos cunha superficie que vai desde os 10 ata os 16 m2, destinados á localización de novos proxectos empresariais ou de recente creación, para o desenvolvemento e exercicio da súa actividade.

Inclúese: subministración de auga potable, calefacción, enerxía eléctrica, evacuación de augas residuais, recollida selectiva de lixos (excepto residuos especiais) e servizos de conserxería.

Zonas comúns

Zonas comúns e de espera

Entre outras: vestíbulo de acceso, recepción e secretaría, almacén, cuarto de instalacións, aseos.
Salón de actos

Salón de actos

Unha contorna única que ocupa o espazo do que no seu día foi a capela do Igrexario da Grela Bens; actualmente reformada e habilitada para conferencias, xornadas, seminarios etc.

Aula

Sala de reunións / Aula de formación

Sala equipada con todo o necesario para a realización de cursos de formación, presentacións de produtos e/ou servizos, reunións etc.

Ademais, realizarase formación aos emprendedores/as instalados no Centro Municipal de Empresas na procura da idea empresarial e na consolidación da idea dun proxecto de empresa.

Despacho de consultoría

Asesoramento individualizado aos proxectos empresariais instalados no Centro Municipal de Empresas, informando sobre a súa viabilidade técnica, económica e financeira e, en xeral, sobre os seus plans de lanzamento e consolidación. Todo iso, mediante a aplicación de técnicas de consultoría en xestión empresarial e asistencia en proxectos formativos para contribuír á boa marcha das empresas creadas.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?