Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Centro Municipal de Empresas

O TEU PROXECTO, O TEU MELLOR AVAL

Para acceder a un dos despachos, deberás presentar unha solicitude acompañada do teu plan de empresa e unha memoria que describa a actividade que desenvolverás.

A túa candidatura será avaliada por un comité técnico que velará polo cumprimento dos requisitos esixidos na normativa do Centro Municipal de Empresas.

Lembra que se non tes aínda un plan de empresa, o Concello pon á túa disposición un equipo de expertos/as que che axudarán a enfocar a túa idea e daranche as pautas necesarias para elaborar o teu plan de negocio.

SERVIZOS PARA TODOS/AS

O Centro Municipal de Empresas é algo máis que un viveiro.

Na súa concepción, deseñouse un espazo adecuado para os negocios con aulas de formación, espazos para realización de conferencias, presentacións ou reunións, das que calquera empresa poderá facer uso, logo da solicitude previa.

ESPAZO ABERTO

O Centro Municipal de Empresas é algo máis ca un viveiro.

Tamén é un punto de encontro para todas aquelas persoas preocupadas polo desenvolvemento do tecido empresarial, as relacións entre promotores de ideas emprendedoras e todo o que teña que ver coa procura de camiños para o crecemento empresarial.

Por iso, se che interesa coñecer as nosas instalacións, non dubides en solicitar información ou programar unha visita.

Ademais dun centro de negocios, acharás un grupo de empresas de nova creación coas que quizais tamén poidas establecer alianzas, atopar un provedor ou un cliente.

Outros contidos relacionados

Contacto

Teléfono:
981 189 857
Fax:
981 189 857
Correo electrónico:
info@cmeagrela.es

Localización

Centro Municipal de Empresas (Polígono da Grela). Rúa Galileo Galilei, 62. 15008 A Coruña.

Google+

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?