Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de marzo de 2019

A OMIC porá en marcha na segunda quincena de mes una campaña de sensibilización destinada ao alumnado de Educación Primaria, baixo o lema 'Fagamos grande a letra pequena'

A actividade, que terá lugar en centros escolares da cidade, enmárcase na celebración, este venres, día 15, do Día Mundial dos Dereitos das Persoas Consumidoras

A Concellería de Emprego e Economía Social organiza, con motivo do Día Mundial dos Dereitos das Persoas Consumidoras, a campaña de sensibilización Fagamos grande a letra pequena. A actividade, promovida pola Oficina Municipal de Información ás Persoas Consumidoras (OMIC), consiste nunha pequena dinamización teatral que terá lugar na segunda quincena do mes de marzo nos centros escolares, na que se abordarán conceptos cotiás de consumo e nos que se fará fincapé nos dereitos e obrigas das persoas consumidoras.

Tal e como expón o concelleiro Alberto Lema, esta iniciativa diríxese a un sector da poboación moi novo, como é o alumnado de Educación Primaria, "xa que é importante poder ofrecer formación a  unha veciñanza que se transforma, cada vez a idades máis temperás, en consumidora". "Aínda que a acción prioritaria da OMIC se dirixe habitualmente a outras franxas de poboación, na actualidade, a través do uso das novas tecnoloxías ou pola propia influencia no consumo e eleccións domésticas, entendemos que é necesario seguir dotando de ferramentas ás xeracións máis novas para garantir os seus dereitos como consumidoras", sinala o concelleiro, quen lembra que esta oficina tamén ofrece, no marco do Programa de Educación para o Consumo Seguro e Responsable, unha Escola de Verán vinculada a esta temática.

Para máis información sobre a OMIC e os seus servizos, pódese visitar www.coruna.gal/omic.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión