31 de xullo de 2017
A empresa Ladybug Films S.L. situada no Centro Municipal de Empresas da Grela ten o pracer de convidalo/a á proxección da longametraxe de animación ENGURRAS o vindeiro 31 de xullo ás 18.00 horas, no Salón de Actos do Centro Municipal de Empresas da Grela.
A continuación terá lugar unha charla con Ángel de la Cruz, guionista e produtor executivo do proxecto, na que nos contará como foi o proceso de produción da longametraxe e responderá a todas as preguntas e dúbidas que se formulen.
ENGURRAS é unha longametraxe de animación producida na Coruña que narra unha historia de amizade entre dous anciáns que están nunha residencia e un deles nas primeiras fases do Alzheimer.
ENGURRAS ten innumerables galardóns e é recoñecida con premios nacionais e internacionais. Invitación que traslado a todos vós por iniciativa da empresa LADYBUGS FILMS, S.L. situada no CME da Grela.
Pídese que confirmedes asistencia no teléfono 981 189 857 ou no correo: agrelaviveristas@gmail.com, antes do luns día 31 de xullo ás 14.00 h.
A entrada é gratuíta.
Rúa Galileo Galilei 62. 15008 A Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible