Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de abril de 2016

VII Encontro de Presentación de Proxectos

O evento terá lugar ás 11.30 h no Centro Municipal de Empresas da Grela.

A Área de Emprego e Empresa do Concello da Coruña celebra o vindeiro mércores 27 de abril, o VII Encontro de Presentación de Proxectos. O evento terá lugar ás 11.30 h no Centro Municipal de Empresas da Grela.

Con este encontro, conclúe o itinerario formativo do primeiro trimestre do 2016 dirixido a persoas emprendedoras e/ou novas empresas.

Neste acto, cada persoa emprendedora dispoñerá duns minutos de presentación para expoñer as características da idea de negocio, os obxectivos, a situación da que parte e a planificación necesaria para a posta en marcha da súa empresa.

As persoas participantes recibiron formación para a elaboración dun plan de empresa, as posibles liñas de financiamiento do seu proxecto, obrigas fiscais, coñecementos sobre márketing e redes sociais, así como a necesaria presenza na web para potenciar a visibilidade e o coñecemento por parte do mercado da súa iniciativa empresarial.

Así mesmo, as persoas emprendedoras foron formadas en habilidades comunicativas e en recursos propios das artes escénicas, con obxecto de poder levar a cabo unha presentación adecuada da súa idea empresarial.

Esperamos contar coa túa presenza.

Documentos:

Invitación VII encontro de presentación de proxectos (131 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión