É obxecto desta convocatoria outorgar subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para fomentar e apoiar a consolidación das empresas no municipio da Coruña no ano 2018. A finalidade desta convocatoria de subvencións é fomentar a consolidación das empresas do municipio da Coruña, o que contribuirá á dinamización e ao fortalecemento do noso tecido produtivo e por tanto xeración de emprego na contorna local. Esta finalidade concrétase en subvencionar a cota correspondente ao réxime especial de traballadores autónomos, calquera outro réxime especial por conta propia da seguridade social, ou de mutualidade de colexio profesional correspondente, tomando como referencia a base mínima de cotización (a cota non debe ter nin reducións nin bonificacións).
Para público en xeral
Dende o 08/06/2018 ata o 09/07/2018
Xa rematou
Dende o 08/06/2018 ata o 09/07/2018
Anexo IV: Solicitude de alta ou modificación de datos en terceiros http://www.coruna.gal/descarga/1390788791572/mod040_Terceiros_campos.pdf
http://www.pap.minhafp.gob.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/401864
Servizo Municipal de Emprego e Empresa. Departamento de Promoción Económica e Comercio
Teléfono: 981 184 399
Convocatoria da subvención de apoio á consolidación de empresas do municipio da Coruña 2018 (1 MB)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible