Subvencións para a mellora da competitividade da actividade empresarial ou profesional dos empresarios autónomos
Persoas beneficiarias:
1. As persoas traballadoras autónomas individuais ou en mutualidade de colexio profesional, que teñan domicilio fiscal en Galicia:
•antigüidade ininterrompida de máis de 42 meses
•ano 2018:
-rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do irpf anual inferior a 30.000 €
-facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído
2. As sociedades de calquera clase e comunidades de bens con domicilio fiscal en Galicia e que cumpran os seguintes requisitos:
•ter unha persoa autónoma societaria con antigüidade ininterrompida na data de solicitude de máis de 42 meses.
•facturación mínima anual/empresa de 12.000 €, IVE incluído na última declaración
•base impoñible no imposto de sociedades inferior a 30.000 €
Quedan excluídas:
•as persoas familiares que, de maneira habitual, realizan traballos para persoas traballadoras autónomas ou mutualistas de colexio profesional e que non teñan a condición de traballadores/as por conta allea.
•as persoas beneficiarias do bono das persoas autónomas das 2 convocatorias anteriores (2017 e 2018)
Para público en xeral
Dende o 03/07/2019 ata o 02/08/2019
Xa rematou
Ata o 02/08/2019
CONTÍA: 80% da actividade para subvencionar (máximo 3.000 € polo conxunto de actividades subvencionables, mediante o pago anticipado)
https://www.xunta.gal/dog/publicados/2019/20190702/anunciog0424-210619-0010_gl.pdf
Subvencións para a mellora da competitividade da actividade empresarial ou profesional dos empresarios autónomos:
Liña 1: Mellora da competitividade a través dos seguintes servizos
•Investigación de mercado
•Plan de márketing
•Plan de comunicación do negocio
•Plan estratéxico do negocio
•Plan crecemento: constitución de sociedade
•Plan de reorientación do negocio
•Plan de uso das novas tecnoloxías no negocio
•Plan de refinanciamento
•Outros estudos e plans (como fin para aumentar a competitividade da empresa) Poderá ser computable como gasto subvencionable o pago do importe do cofinanciamento privado dos servizos contratados co IGAPE a través do programa Re-Acciona na súa convocatoria para o exercicio do 2019 e sucesivas, por parte das persoas traballadoras autónomas.
Liña 2: Mellora da competitividade a través dos seguintes investimentos:
•Compra de maquinaria
•Compra de utensilios e ferramentas
•Reforma do local do negocio
•Equipos informáticos
•Rótulos
•Aplicacións informáticas e páxinas web
•Creación do logotipo do negocio
•Mobiliario
Nas solicitudes, as liñas 1 e 2 non son excluíntes entre elas nin entre os distintos servizos e investimentos que as configuran. Desde o 03/07/19 ata a data indicada na resolución (máx. 31/12/19).
CONTÍA: 80% da actividade para subvencionar (máximo 3.000 € polo conxunto de actividades subvencionables, mediante o pago anticipado)
PRAZO DE SOLICITUDE: ata o 02/08/2019 (axudas en réxime de concorrencia non competitiva)
DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190702/AnuncioG0424-210619-0010_gl.pdf
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible