Ignacio del Valle, Alejandro Palomas, Ernesto Mallo e Mónica Rodríguez, próximos invitados de Libros en directo.
Para público en xeral
Dende o 31/03/2016 ata o 06/06/2016
Xa rematou
Todos os encontros comezan ás 20 horas e realizaranse no Centro Ágora.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
Libre e gratuíta ata completar a capacidade
981 189 888
O ciclo Libros en directo continúa os seus encontros mensuais cunha serie de autores de soado prestixio que mostrarán o amplo espectro da literatura actual. Así, nos próximos meses, pasarán polo Centro Ágora autores de novela histórica, intimistas, negra e criminal e a autora de literatura infantil e xuvenil do momento.
Neste ciclo, coordinado por Pedro Ramos, participaron autores como James Ellroy, Paolo Giordano ou, a máis recente, Marta Sanz. Sempre coa intención de achegar o mellor e máis variado da literatura actual ao público coruñés.
A próxima cita, o xoves 31 de marzo ás 20 horas no auditorio do Centro Ágora, será con Ignacio del Valle para falar da súa nova novela, "Soles negros", pertencente á serie de Arturo Andrade: "El arte de matar dragones", "El tiempo de los emperadores extraños" e "Los demonios de Berlín".
"Soles negros", unha nova aventura do capitán Arturo Andrade, membro do SIAEM (Sección de Información do Alto Estado Maior), que é destinado a Pueblo Adentro, unha aldea a poucos quilómetros do seu Badaxoz natal e centro da resistencia anarquista estremeña. Incapaz de facer as paces cos demos do pasado, terá que investigar o misterioso asasinato dunha nena. Pero o cadáver da pequena non é máis cá punta do iceberg que leva ás máis altas esferas do réxime, nas que traballan homes dispostos a todo para cumprir os peculiares desexos dalgúns poderosos.
Andrade e o seu amigo Manolete, antigo compañeiro de armas na División Azul, cruzarán os seus camiños co honor do anarquista Ventura Rodríguez e da súa familia, nunha carreira contrarreloxo para salvar a vida dunha nena desaparecida e descubrir a verdade.
Esta novela será o fío condutor da conversa entre Ignacio del Valle e Pedro Ramos, coordinador do ciclo, o vindeiro xoves 28 de xaneiro ás 20 horas no auditorio do Centro Ágora.
As próximas citas do ciclo Libros en directo serán o 28 de abril, con Alejandro Palomas, o 26 de maio, Ernesto Mallo, e o 6 de xuño coa autora infantil xuvenil Mónica Rodríguez.
Actividades relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible