O Espazo Diverso, espazo municipal das diversidades sexuais e identidades de xénero, abre o prazo de inscrición para as actividades e obradoiros que oferta durante este mes de maio.
Para público en xeral
Dende o 08/05/2024 ata o 28/05/2024
de balde
Espazo Diverso
CC. Cidade Vella. Rúa Veeduria, 2 (15001 - A Coruña)
Tel..: 981 189 889
correo-e: espazodiverso@coruna.gal
PROGRAMACIÓN:
Club de lectura da obra "Reina", de Elizabeth Duval: mércores 8 e 22 de maio ás 19:00 h.
Obradoiro "Outras Narrativas", un espazo de reflexión e experimentación a través da escritura terapéutica a cargo de Ailín Sujatovich (educadora social): martes 14, 21 e 28 de maio ás 18:30 h
Obradoiro "Poñendo os coidados no centro", no que Lucía Álvarez López (psicóloga e sexóloga) e Sabela Maceira Mato (educadora social e sexóloga) facilitarán ferramentas que nos permitan integrar os coidados dentro das nosas redes afectivas: luns 20 de maio ás 18:00 h
Obradoiro "Que podo facer fornte á LGTBIFobia?", Miguel Vieito (avogado do Espazo Diverso) ofreceralle ás persoas participantes habilidades e estratexias específicas para previr e responder adecuadamente a situacións LGTBIfóbicas: xoves 23 de maio ás 18:00 h
LUGAR: Espazo Diverso
INSCRICIÓNS: a través do formulario de inscrición online. Prazas limitadas: serán asignadas por orde de inscrición ata completar aforo.
Os días 30/05/2024 ás 19:00 , 13/06/2024 ás 19:00
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible